O público da 54ª edición do Sitges Festival Internacional de Cine Fantástico de Catalunya ven de darlle a súa máxima valoración na sección Panorama Fantástico á longametraxe Jacinto (ronda o demo), do realizador santiagués Javi Camiño, protagonizada por Pedro Brandariz. A ópera prima de Camiño, unha historia que se define como "a mestura perfecta entre a 'Matanza de Texas' e 'Forrest Gump'" resultou gañadora na súa estrea nacional neste apartado dos premios do público do festival dirixido a tÃtulos de toda as nacionalidades, inéditos en España e de temática fantástica e de terror feitos con vocación independente. Jacinto xa acadara previamente dous premios no festival GenreBlast en Winchester, Virginia (EE.UU).
Produción de FÃlmika Galaika na Viennale
Outras producións dos audiovisual galego seguen estes dÃas o seu percorrido nos encontros internacionais. É o caso da longametraxe 'Eles transportan a morte' e a curtametraxe 'Sycorax', ambas producidas por Filmika Galaika, que este mes entran na programación oficial da Viennale, o festival internacionald e cine de Viena, en Austria. 'Sycorax', co-dirixida por por Lois Patiño e o cineasta arxentino MatÃas Piñeiro, é unha coproducción de Filmika Galaika coa portuguesa Bando à Parte, baseada libremente na obra de Shakespeare 'A tempestade' e rodada nas illas Azores. 'Eles transportan a morte' é a longametraxe, dirixida tamén a dúo polo tándem formado pola cineasta santiaguesa Helena Girón e o tinerfeño Samuel M. Delgado. A pelÃcula, que ven de aumentar palmarés no certame Cinespaña tras o seu paso por San Sebastián e Venecia, está producida por Filmika Galaika, xunto con El Viaje Films, La Banda Negra e a colombiana Blond Indian Films.