16/06/2021
A segunda edición do Fondo de proxectos culturais Xacobeo apoia 260 iniciativas
Logo de adiantar o pasado sábado 12 de xuño as cifras xerais da resolución da convocatoria a Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo público no seu web a listaxe de proxectos que reparten as axudas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Esta iniciativa, que incrementou os seus fondos de 2,5 a 3 millóns de euros, apoiará nesta xeira un total de 260 proxectos. Destes, 130 corresponden a iniciativas dixitais, a comprender "documentais, audiovisuais e produtos pensados para a súa proxección nas redes sociais". Arredor doutro corenta por cento das propostas seleccionadas son actividades de carácter presencial, entre as que teñen maior protagonismo aquelas orientadas á se desenvolver ao aire libre..
Amplía a nova>>
14/06/2021
A Deputación de Ourense asegura con 225.000 euros a súa achega ao OUFF
A Deputación de Ourense ven de renovar o compromiso coa realización do Festival de Cine de Ourense (OUFF), de cara á súa vindeira 26ª edición, que se celebrará do 24 de setembro ao 2 de outubro. O presidente do ente provincial, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, asinaron o convenio de colaboración que ámbalas dúas entidades subscriben anualmente polo que se rexe a colaboración entre ámbalas dúas entidades desde o ano 2019 no que o Concello de Ourense renunciou a seguir organizando o festival. Neste sentido, a Deputación cofinancia o OUFF cunha subvención nominativa en favor da Fundación "Carlos Velo" por importe de 225.000 euros, e pon a disposición da fundación unha oficina no centro cultural "Marcos Valcarcel", así como o Teatro Principal e Centro Cultural nas datas e horarios que se determinen. Pola súa banda, a fundación organizará o festival e efectuará as contratacións, laborais ou mercantís, que sexan precisas para a organización do evento. .
Amplía a nova>>
10/06/2021
Leis que non entenden de culturas
A lexislación sobre contratación e subvencións públicas non é axeitada para as especificidades do sector cultural. As diferentes mesas que se desenvolveron este 9 de xuño no marco da xornada
Dereito contra cultura? do Consello da Cultura Galega coincidiron na necesidade dunha reforma que atenda máis a criterios alén dos económicos e que facilite o traballo para administracións, empresas e colectivos deste sector..
Amplía a nova>>
08/06/2021
Catorce festivais audiovisuais reparten 200.000 euros de axudas da Agadic
A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer na mañá desde 8 de xuño a resolución da convocatoria de Subvencións a festivais do sector audiovisual, dotada con 200.000 euros. Un total de catorce citas deste tipo reparten as axudas, co Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui a encabezar o apoio ao obter 36.930,96 euros. Ségueno o Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela con 36.240, (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, que suma 29.624 e mais o Festival de Cans, no Porriño, ao que se lle adxudicaron 28.419,73 euros..
Amplía a nova>>
07/06/2021
Álvaro Pérez Becerra é elixido presidente da Academia Galega do Audiovisual
O produtor Álvaro Pérez Becerra (A Coruña, 1989) foi elixido por unanimidade novo presidente da Academia Galega do Audiovisual. Becerra, que é o presidente máis novo das oito academias de cine e audiovisual da península, contará co guionista e produtor Pepe Coira e na actriz e cineasta Sonia Méndez como vicepresidentes. O resto do equipo directivo recunca desde o mandato anterior. Carmen Méndez na tesoureiría, Saamira Ganay na secretaría, Óscar Cruz, Susana Veira e Xavi Font nas vogalías, xunto coa presidenta saínte Ana Míguez, e Fernando Alfonsín. O novo presidente destacou que o sector audiovisual "ten o resto de buscar as fórmulas para incorporar talento novo constantemente, e que moitas rapazas e rapaces que agora rematan de estudar e pensan na posibilidade de dedicarse a isto non vexan tan lonxe ese obxectivo". .
Amplía a nova>>
01/06/2021
Youtubeir@s e Olloboi voltan para potenciar a creatividade audiovisual
Dúas das citas máis destacadas no apoio á nova creación audiovisual do país, o certame Youtubeir@s e o Festival de Cinema Escolar Olloboi, presentan as súas novas xeiras. As bases da quinta edición de Youtubeir@s, que se presenta co lema "Magnetismo en rede" están xa publicadas no web da iniciativa, a manter a contía de 7.500 euros en premios e as mesmas doce categorías. Como principal novidade da xeira, "a organización quere fomentar a creación e o mantemento de canles, polo que neste 2021 só se poderán presentar canles e non vídeos illados como en anos anteriores"..
Amplía a nova>>
01/06/2021
A Deputación da Coruña adxudica un millón de euros de axudas a festivais
A Área de Cultura da Deputación da Coruña deu a coñecer a resolución das convocatorias de subvencións a festivais organizados por entidades non lucrativas e concellos. As dúas liñas distribúen 514.425 euros entre 33 festivais de asociacións e 474.277 para 23 eventos promovidos directamente polos concellos da provincia. En total, case un millón de euros que facilitarán o desenvolvemento de 56 festivais de audiovisuais, musicais e de artes escénicas, o que sitúa a entidade como primeira institución no apoio económico a festivais segundo reivindicou o deputado responsable de Cultura, Xurxo Couto..
Amplía a nova>>
28/05/2021
Problemas e aprendizaxes da pandemia no audiovisual
A Asociación Galega de Produtoras Independentes presentaba en liña este 27 de maio o volume
Conversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas. Con este traballo a entidade "recolle a valoración e impacto que supuxo a pandemia nas produtoras galegas e unha pequena reflexión sobre o futuro do audiovisual". No mesmo, responsables de vinte e seis empresas do sector adiantan os proxectos nos que están a traballar e detallan os efectos, tanto positivos como negativos, que a situación sanitaria trouxo sobre o seu traballo. Repasamos estes impactos da man das súas declaracións.
.
Amplía a nova>>
25/05/2021
A Mostra de Cinema (S8) celebra unha edición dual desde A Coruña
A Mostra de Cinema Periférico (S8) abre este 28 de maio a súa XII edición a combinar as actividades presenciais na Coruña con propostas en liña. A relación entre o cinema e os soños e a emoción da proxección como experiencia colectiva serán o eixes do encontro que se desenvolve ata o vindeiro 6 de xuño. O cineasta granadino José Val del Omar será a figura central do evento, ao protagonizar unha iniciativa de difusión internacional artellada pola organización en colaboración con Acción Cultural Española. Un programa dobre, un especial en liña e unha conferencia con expertos na súa obra fan parte do proxecto, que itinerará por importantes institucións e eventos culturais do mundo ao longo do próximo ano.
.
Amplía a nova>>
21/05/2021
O filme 'A Esmorga' abre o novo programa sobre cine galego da TVG2
Este venres estréase na TVG 'Clac', o novo programa de cinema da canle pública, co audiovisual galego como protagonista absoluto. Cunha periodicidade semanal, 'Clac' emitirase desde hoxe na G2 ás 23:00 horas e estará presentado e dirixido pola xornalista Tania Fernández Lombao e contará, amais, coa colaboración do experto en cinema Eduardo Galán. En cada edición desenvolverase un coloquio con membros do equipo da película seleccionada, duns 30 minutos, e despois da conversa emitirase a película. Na súa estrea, 'Clac' estará dedicado a adaptación cinematográfica da obra máis emblemática de Eduardo Blanco Amor, 'A Esmorga'. Para achegarse as reviravoltas desta produción de éxito, conversarán no programa o director da cinta, Ignacio Vilar, e a actriz Sabela Arán, que formou parte do elenco principal. Ademais do coloquio e a proxección da película, o espazo incluirá unha sección con información da actualidade cinematográfica e da carteleira. .
Amplía a nova>>