06/07/2021
As primeiras axudas a salas de cine chegan ata 15 empresas en 13 localidades
A Xunta de Galicia acaba de facer pública a adxudicación de preto de 240.000 euros ao abeiro da primeira convocatoria de subvencións á exhibición cinematográfica, da que resultaron beneficiarias 15 empresas para o desenvolvemento de proxectos en 21 salas de cine de 13 localidades. Dáselle así resposta á totalidade das propostas e contías solicitadas no marco desta nova medida, consensuada co sector, que busca contribuír á viabilidade deste tipo de espazos e reducir o impacto da crise sanitaria na súa actividade. O orzamento total destas axudas era de 350.000 euros. .
Amplía a nova>>
05/07/2021
Ugia Pedreira e Marina Oural exploran o universo poético da casa rural en Unha faba unha vida
"Despatriarcalizar o ecoloxismo e ecoloxizar o feminismo". Ese é o obxectivo da xornada "Ecofeminismos", celebrada hoxe no Consello da Cultura Galega e na que un grupo de expertas reflexionou sobre as proximidades éticas de dúas das principais loitas sociais de finais do século XX e principios do XXI: o ecoloxismo e o feminismo. "As loitas feministas e ecoloxistas, antes paralelas, son agora interdependentes: os seus avances e retrocesos inflúen mutuamente. Ambos concordan en que todas as formas de opresión se conectan co inimigo común: o capitalismo patriarcal", sinalan no programa do evento. Como colofón estreouse a peza audiovisual "Unha faba unha vida", que parte do espectáculo do mesmo nome de Ugía Pedreira e Marina Oural, na que se explora o territorio da casa aldeá na súa dimensión poética e musical. O vídeo foi realizado para a xornada e producido por Mialma Produciois. .
Amplía a nova>>
02/07/2021
Vinte e dous proxectos reparten as axudas á produción audiovisual da Agadic
A Axencia Galega das Industrias Culturais facía pública este 1 de xullo a resolución de subvencións para producións e coproducións audiovisuais, a liña de maior dotación das que a Xunta destina ao sector. Dotadas con 2,5 millóns de euros, estas axudas apoiarán o desenvolvemento de trece longametraxes (cinco de ficción en imaxe real, unha de animación e sete documentais), seis curtas e tres series de televisión (unha en imaxe real e dúas de animación)..
Amplía a nova>>
01/07/2021
Catro cineastas para revelar o capital simbólico e inmaterial de Galicia
A Fundación DIDAC estrea hoxe na súa sede en Santiago, 'Visións inéditas', un proxecto multimedia comisariado por Performa S.Coop. Galega realizado a partir de catro pezas, conformadas a modo de capítulos, que compoñen un documental a través do cal asomarse a algunhas das persoas, lugares e experiencias que axudan a definir e revalorizar o patrimonio natural e cultural galego. As pezas, ideadas especificamente para o proxecto, contan coa dirección artística de Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza, figuras recoñecidas do audiovisual galego contemporáneo. .
Amplía a nova>>
29/06/2021
Entregados os V Premios Maria Luz Morales da Academia do Audiovisual
A Academia Galega do Audiovisual entregou os premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual nunha gala celebrada en liña, na que se fixeron públicos os traballos gañadores. Nesta quinta edición, por primeira vez na historia destes galardóns, o xurado declarou deserta unha categoría, a de Mellor videoensaio sobre audiovisual galego. Repartíronse os premios correspondentes ás dos ensaios escritos sobre audiovisual galego e internacional e a de videoensaio sobre audiovisual internacional ademais de dous accésit. Unha das novidades deste ano foi a retransmisión do evento en liña, a través da canle de YouTube da Academia, desde a sede da Deputación da Coruña, como anfitrioa este ano..
Amplía a nova>>
28/06/2021
Brandán Cerviño colleita recoñecementos coa súa curta A comuñón da miña prima Andrea
O Premio do Público do festival Tenerife Shorts, obtido este 26 de xuño, é o máis recente galardón na listaxe de recoñecementos que está a obter
A comuñón da miña prima Andrea. A curtametraxe documental de Brandán Cerviño chegou ao festival canario logo de percorrer citas de grande importancia como o Festival Internacional de Cinema d'Autor de Barcelona, o noruegués Kortfilmfestivalen, o AFI DOCOS e o festival de Palm Springs en Estados Unidos, o israelí DOCAVIV ou o Festival de Málaga, onde obtivo unha mención especial do xurado.
.
Amplía a nova>>
25/06/2021
Agadic aumenta as axudas ao sector audiovisual
A Axencia Galega de Industrias Culturais ven de reforzar a súa liña de subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. O Diario oficial de Galicia publica hoxe as bases dunha nova convocatoria desta liña de acción que estará dotada con ata 300.000 euros, arredor dun 15 por cento máis que en 2020, mentres que mantén as contías máxima a percibir por proxecto e as modalidades destes, o que supón aumentar o alcance en número de proxectos como ambición última. O pasado ano estas axudas chegaron a quince producións en fase de inicio. A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades estipuladas, que seguen a manter unha decidida aposta diferenciada pola animación: longametraxe cinematográfica de ficción, serie ou miniserie de ficción para TV (ata 20.000 euros por proxecto); longametraxe cinematográfica de animación ou serie de animación (ata 20.000 euros); longametraxe de ficción para TV, longametraxe documental cinematográfica para TV e piloto de programa para TV (máximo de 10.000 euros por axuda a este proxectos)..
Amplía a nova>>
23/06/2021
A Agadic convoca unha liña de axudas para concertos dotada con un millón de euros
Un millón de euros é a dotación coa que a Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de convocar as subvencións "para profesionais autónomos e empresas que sufran perdas de ingresos derivados da crise provocada pola COVID-19, para desenvolver espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22". .
Amplía a nova>>
16/06/2021
A segunda edición do Fondo de proxectos culturais Xacobeo apoia 260 iniciativas
Logo de adiantar o pasado sábado 12 de xuño as cifras xerais da resolución da convocatoria a Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo público no seu web a listaxe de proxectos que reparten as axudas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Esta iniciativa, que incrementou os seus fondos de 2,5 a 3 millóns de euros, apoiará nesta xeira un total de 260 proxectos. Destes, 130 corresponden a iniciativas dixitais, a comprender "documentais, audiovisuais e produtos pensados para a súa proxección nas redes sociais". Arredor doutro corenta por cento das propostas seleccionadas son actividades de carácter presencial, entre as que teñen maior protagonismo aquelas orientadas á se desenvolver ao aire libre..
Amplía a nova>>
14/06/2021
A Deputación de Ourense asegura con 225.000 euros a súa achega ao OUFF
A Deputación de Ourense ven de renovar o compromiso coa realización do Festival de Cine de Ourense (OUFF), de cara á súa vindeira 26ª edición, que se celebrará do 24 de setembro ao 2 de outubro. O presidente do ente provincial, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, asinaron o convenio de colaboración que ámbalas dúas entidades subscriben anualmente polo que se rexe a colaboración entre ámbalas dúas entidades desde o ano 2019 no que o Concello de Ourense renunciou a seguir organizando o festival. Neste sentido, a Deputación cofinancia o OUFF cunha subvención nominativa en favor da Fundación "Carlos Velo" por importe de 225.000 euros, e pon a disposición da fundación unha oficina no centro cultural "Marcos Valcarcel", así como o Teatro Principal e Centro Cultural nas datas e horarios que se determinen. Pola súa banda, a fundación organizará o festival e efectuará as contratacións, laborais ou mercantís, que sexan precisas para a organización do evento. .
Amplía a nova>>