18/01/2022
O proxecto Agromantes integra psicodiversidade e audiovisual
O pasado 16 de xaneiro o Teatro Principal de Santiago acollía a presentación das seis curtametraxes do proxecto
Agromantes. Gromos audiovisuais desde a psicodiversidade. Esta proposta coordinada pola cineasta Cora Peña pretende achegar en primeira persoa a experiencia de xente que enfronta problemas de saúde mental, sexa con producións desenvolvidas por elas mesmas ou co apoio da propia Peña..
Amplía a nova>>
11/01/2022
Aumentan as axudas para os festivais audiovisuais de asociacións
As axudas da administración autonómica á celebración de festivais audiovisuais manteñen a liña ascendente e sólida dos anteriores exercicios e volven medrar neste 2022. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) ven de publicar hoxe no Diario oficial de Galicia unha nova convocatoria que incrementa a partida anterior en 10.000 euros, marcando un novo máximo de 210.000 euros para os eventos a celebrar neste ano. En concreto, o incremento vai dirixido a aqueles festivais audiovisuais organizados desde as asociacións, ás que van destinados 170.000 euros da partida (160.000 no pasado ano), repartíndose os outros 40.000 a partes iguais entre empresas e entidades locais. .
Amplía a nova>>
30/12/2021
A saga literaria Dragal dá o salto á realidade aumentada
Dragal Challenge é o título do concurso que leva á realidade aumentada o universo fantasía creado por Elena Gallego Abad no que supón unha adaptación inédita na literatura galega. O proxecto desenvólvese no marco da plataforma de vídeo baixo demanda PetisGO! que desenvolveron R, cinfo, Sixtema, Xoia e Ficción Producciones con apoio de fondos europeos FEDER..
Amplía a nova>>
30/12/2021
O HUB audiovisual convoca axudas para a preprodución simultánea de proxectos
O Consello da Xunta aprobaba este 29 de decembro a convocatoria da segunda liña de axudas do Hub Audiovisual Galego. Dotadas con 1,2 millóns de euros, estas subvencións queren "posibilitar que as produtoras independentes poidan levar a cabo a preprodución simultánea de entre tres e cinco proxectos, de xeito que se impulse a solvencia do audiovisual galego e a súa capacidade para xerar contidos cunha alta viabilidade cara á súa posterior produción e distribución"..
Amplía a nova>>
29/12/2021
O Goberno concede a Antón Reixa a Medalla de Ouro das Belas Artes
O Goberno do Estado acordou conceder a Antón Reixa unha das 31 Medallas de Ouro ao mérito na Belas Artes deste ano. O Consello de Ministros reunido onte aprobou a proposta de nomes levada polo Ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, para estas condecoracións e entre as 31 personalidades distinguidas está o creador galego. O galardón distingue ás persoas e entidades que destacaran no eido da creación artística e cultural ou prestaran notorios servicios no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio artístico. O artista galego ve recoñecidos os méritos da súa múltiple actividade artística ao longo da súa traxectoria, como escritor, músico, poeta, guionista, produtor e director de cine. Na súa resolución o Consello de Ministros, enumera as múltiples facetas de Antón Reixa (Vigo, 1957), destacado o seu liderado da banda 'Os Resentidos' (que o Goberno dá por desaparecida en 1994, malia ter sacado un disco neste 2021). Tamén destaca a creación e dirección da serie 'Mareas vivas', que se considera un dos fitos televisivos na canle TVG. A resolución considera a longametraxe 'El lápiz del carpintero', baseada na novela de Manuel Rivas, é o proxecto máis ambicioso de Reixa ata o momento. .
Amplía a nova>>
20/12/2021
'Eles transportan a morte' gaña a sección oficial de Novos Cinemas
Despois de seis días nos que o festival Novos Cinemas de Pontevedra proxectou 24 películas de máis dunha vintena de cineastas emerxentes, o festival fai públicos os premios da súa sexta edición. 'Eles transportan a morte', de Helena Girón e Samuel M. Delgado, faise co Premio Novos Cinemas á Mellor Longametraxe da Sección Oficial, o Xurado novo outórgalle o Premio á Mellor Dirección da Sección Oficial a 'Clara Sola', de Nathalie Álvarez Mesen. O Xurado da Crítica seleccionou a película 'Re Granchio', de Alessio Rigo de Righi e Matteo Zoppis, e o premio Latexos deste ano é '918 Gau', de Arantza Santesteban. A favorita do público foi 'Rendir los machos', de David Pantaleón..
Amplía a nova>>
15/12/2021
A Filmoteca de Galicia renova as súas instalacións de exhibición
A Filmoteca de Galicia, anteriormente coñecida como Centro galgo de Artes da Imaxe, será obxecto dunha renovación na súa sede coruñesa, dirixida á mellora do equipamento de proxección e as instalacións de sala. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de anunciar o investimento de máis de 110.000 euros neste proxecto de modernización das instalacións, que redundará nunha mellora das condicións de uso tanto por parte do público como do persoal da cinemateca. Tras destas obras, que se acometerán en dúas fases, a Filmoteca de Galicia retomará a súa programación de proxeccións. Esta entidade de conservación e difusión do patrimonio audiovisual segue arestora sen ter cuberto o posto de dirección desde a xubilación do recentemente falecido Guillermo Escrigas en 2019..
Amplía a nova>>
10/12/2021
Paula Mariñas faise co III Premio Daniel Domínguez de guión en galego
O guión
A illa da morte, escrito por Paula Mariñas, foi seleccionado como gañador do III Premio Daniel Domínguez de guión en galego. O galardón que está organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), co apoio de Fundación SGAE e a colaboración de Filmarket Hub, recoñece guións orixinais e inéditos escritos en lingua galega para longametraxes de ficción..
Amplía a nova>>
09/12/2021
A sexta edición de Novos Cinemas volverá a traer o cinema emerxente a Pontevedra
O festival Novos Cinemas, ofrecerá entre o 14 e o 19 de decembro en Pontevedra algunhas das producións máis representativas do audiovisual galego e internacional emerxente. A sexta edición deste encontro organizado pola Asociación Cultural Novos Cinemas e Matriuska Producciones abrirase coa estrea en Galicia do documental de creación 'A Virxe Roxa' (Recrea Films), de Marcos Nine, presentado na Seminci e que conta coas voces de Nerea Barros, María Vázquez e Antonio Durán "Morris". Nove propostas de orixes internacionais variadas -oito delas inéditas en Galicia e unha delas de produción galega ('Eles transportan a morte', de Helena Girón e Samuel Delgado) - compoñen a Sección Oficial desta edición, que intentan debuxar un dos posibles itinerarios do cine contemporáneo: o que aspira a reflexar parte do espírito do noso tempo. Ademais durante esta edición do festival poderán verse en exclusiva como avance algunhas das imaxes da longametraxe 'Matria' de Álvaro Gago. .
Amplía a nova>>
02/12/2021
Un documental explora o panorama literario galego na emigración
O director Xan Leira presentaba este un de decembro a súa última produción audiovisual, o documental
Buenos Aires, a capital do libro galego no exilio. O proxecto, que contou co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, reivindica a importancia da capital Arxentina para a produción editorial na nosa lingua no século XX. Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luis Axeitos ou os xa desaparecidos Xosé Neira Vilas, Maruxa Seoane, Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego, Arturo Cuadrado ou Mariví Villaverde pasan pola pantalla da produción a falar sobre este tema. .
Amplía a nova>>