O público da 49ª edición do festival audiovisual CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO decantouse pola produción galega para seleccionar as gañadoras do seu Premio "Planet horror". A ópera prima de Javi Camiño "Jacinto", que fixo aquà a súa estrea en terras galegas, foi a premiada no formato de longametraxes; " O que queda de nós", de Miguel Gómez Abad foi a premiada polo público no formato de curtametraxes. O festival tamén premiou a unha realizadora local, Coral Piñeiro (VilagarcÃa, 1998) , co premio ao mellor documental por 'Dores' dentro da Sección Oficial 'Outros xéneros'. Ademais diso na sección transversal "Feito en Galicia" outorgáronse tamén dous galardóns , o Premio do xurado á mellor curte, que foi para 'La metafÃsica del asesino', de Rubén Méndez e o Premio a mellor director/a que recaeu en Sergio Pereda polo seu traballo en 'Sombra do mar'. Os premios honorÃficos deste ano foron para os realizadores Joe Dante, Daniel Monzón, Nacho Vigalondo, e os escritores Elia Barceló e o `pontevedrés Manel Loureiro.
O palmarés do xurado da sección internacional oficial desta 49ª edición do festival está encabezado polo premio á longametraxe 'The Sadness', de Rob Jabbaz, mentres que o Premio Especial do Xurado foi para 'The spine of night' de Phillip Gelatt e Morgan Galen King. Na sección dedicada ao cine latinoamericano o xurado decantouse polo filme "Nocturna. La noche del hombre grande", de Gonzalo Calzada. No relativo ás curtametraxes fantásticas, na súa sección oficial o festival de VilagarcÃa premiou como mellor traballo a cinta 'TÃo' de Juan Medina (México) ; 'Unnecesary things", de Dmytro Lisenbart como mellor traballo curto de animación e a Xanti RodrÃguez pola súa dirección na obra 'Ospel'. A curtametraxe 'Votamos', de santiago Requejo gañou o premio na sección oficial 'Outros xéneros' e 'Le voyage dans la lune', de Rotem Tsulker o Premio Roberto camba á mellor obra na sección Videoarte.