O filme 'Jacinto' ven de saÃr do Austin Film Festival en Texas cun novo premio que engadir ao seu crecente palmarés propio. O xurado da sección internacional Dark Matters de pelÃculas de horror e suspense concedeulle o seu premio á ópera prima do santiagués Javi Camiño, protagonizada por Pedro Brandariz e Anxela Baltar entre outros, unha historia que se define como "a mestura perfecta entre a 'Matanza de Texas' e 'Forrest Gump'". Ademais hoxe a longametraxe estréase en Galicia, no marco do Curtas, Festival do Imaxinario de VilagarcÃa de Arousa.
A historia de 'Jacinto' está ambientada nunha aldea galega das montañas de Lugo, case deshabitada, onde vive o protagonista, un home con mente de cativo que ve coma o seu pequeno e rutineiro mundo desfáise alterado pola chegada de Alex e Ana, dúas músicas de 'black metal', chegadas desde Suecia na procura dun sitio apartado onde gravar o seu novo disco: O choque entre a familia local e as novas veciñas exprésase en diferentes conflitos que levan ao protagonista a tomar decisións que restitúan a paz no seu pequeno habitat.