O festival Cinespaña de Toulouse ven de recoñecer á longametraxe 'Eles transportan a morte' con dous dos premios no palmarés da súa 26ª edición. O tándem de dirección formado por Helena Girón e Samuel M. Delgado acadou o premio á Mellor Realización, mentres que o traballo feito no son e a música por Carlos GarcÃa e Camilo Sanabria, respectivamente, foi recoñecido tamén co premio técnico desa categorÃa, traballo que xa foi tamén premiado previamente pola Semana da CrÃtica de Venecia, que recoñeceu a achega técnica do filme en canto ao traballo coas atmosferas sonoras.
'Eles transportan a morte' é a ópera prima en canto a filmes de longa duración de Helena Girón e Samuel M. Delgado e esta producida, entre outras, por FÃlmika Galaika, co traballo executivo de Beli MartÃnez. O filme está actualmente levando a cabo o seu percorrido por festivais. Recentemente estreouse no OUFF e tamén pasou polo CurtocircuÃto, a súa estrea estatal foi no Festival Internacional de San Sebastián e en Latinoamérica estréase en Chile, na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Valdivia, tamén está presente no programa do Filmfest de Hamburgo.
'Eles transportan a morte' é unha historia ambientada en 1492, na viaxe de Cristobal Colón que abriu a ruta entre América e Europa e a posterior colonización do continente. Eles transportan a morte (They carry death, no seu tÃtulo en inglés) narra como entre a tripulación de Colón viaxan tres homes condenados a morte que canxearon as súas condenas polos riscos da viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, fuxen cargados cunha das veas da embarcación. Mentres, no “Vello Mundo”, unha muller tenta salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas viaxes tratan de burlar á morte. O filme gravouse en 2019 entre Ourense e Tenerife.