Margarita Ledo Premio CREA de Honra

Os realizadores recoñeceron as mellores direccións de traballos audiovisuais do ano

Os realizadores recoñeceron as mellores direccións de traballos audiovisuais do ano
Entrega dos Premios CREA 2021
A Asociación Galega de Profesionais da Realización e da Dirección (CREA) ven de recoñecer a aqueles dos seus colegas que destacaron nos traballos de dirección no pasado ano. Os VI Premios CREA entregáronse o 17 de outubro de 2021 recaendo o Premio de Honra na cineasta e académica Margarita Ledo, o de Mellor Dirección de Longametraxe de Ficción en Fon Cortizo por '9 Fugas' e o de Mellor Dirección de Serie de televisión en Jorge Coira por 'Hierro' (Tempada 2).

Ademais diso a asociación repartiu outro sete premios á dirección de distintas categorías de formatos audiovisuais e dúas mencións especiais: á promoción da igualdade de xénero, para Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e CIMA; á visibilidade do cinema galego no exterior, para a produtora Beli Martínez (Filmika Galaika). Sonia Méndez recolleu o premio a Mellor Dirección de Longametraxe Documental por 'A poeta analfabeta'; Xacio Baño recibiu por 'Augas abisais' o de Mellor Dirección de Curtametraxe Documental; Nomí Chantada o equivalente en curtametraxe de ficción por 'Xoves de comadres'. O palmarés dos realizadores recoñecidos polos seus compañeiros de priofesión complétase cos premios a Mellor Dirección de Obra Experimental, para Juan Lesta por 1,34943x10e4; Mellor Dirección de Spot ou Campaña, que foi parar Ex Aequo para Illa Bufarda (Adriana P. Villanueva, Sabela Iglesias e Pilar Abades) por Eu fico e Mergúllate, le en galego; Mellor Dirección de Videoclip para Manu Viqueira por 'Ratas' de Soziedad Alkohólika e o de Mellor Dirección de Web serie para Lucía Estévez por 'Xan. Serie'.
Ligazóns