Novas | 3041 a 3050 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

23/04/2008
Profesionais do audiovisual renden unha homenaxe no CGAI a Emilio Mac Gregor

Foi galego de adopción, país no que decidiu quedarse para facer parte da gran familia do audioviusal. Emilio Mac Grego contribuíu á profesionalización da ficción televisiva galega e morreu con tan só 45 anos. Por todo isto, a Asociación de directores e realizadores de Galicia (CREA) ten previsto realizarlle unha homenaxe na sede do Centro Galego de Artes da Imaxe, o sábado 26 as seis da tarde. Un acto no que se proxectará un vídeo feito a propósito para este acto, máis algúns dos traballos que fixo o propio Emilio como “Punto Final” do vídeo colectivo “Hai que botalos” ou o documental “O que dis que din”.. Amplía a nova>>

22/04/2008
Ignacio Vilar busca os espectadores de “Pradolongo” nos bares, asociacións e colexios

É unha produción modesta que ten a principal peculiaridade que foi rodada en galego. Pero se iso non é un hándicap suficiente, “Pradolongo” foi rodada nunha variedade dialectal, o galego da Rúa, o que se fala onde se rodou. “Non importa a lingua, importan as boas historias” apuntou o seu director, Ignacio Vilar que está a promover a película nos bares, nas tabernas, nas asociacións… neses lugares tan atípicos e tan pouco glamourosos. É a segunda das entregas nas que analizamos o problema da distribución.. Amplía a nova>>

21/04/2008
Trinta centros incorpóranse ao proxecto “Audiovisual nas aulas”

É o programa educativo para achegar aos rapaces a linguaxe audiovisual e para que poidan ler criticamente as imaxes que ven na televisión. Falamos de “Audiovisual nas aulas” a campaña que pon en marcha a Secretaría Xeral de Comunicación máis a consellaría de Educación, e que este ano presenta a súa quinta edición con trinta novos centros. Un total de 111 colexios recibirán esta oferta que conta con catro fases: iniciación ás novas tecnoloxías (na que farán unha curta co móbil), á televisión (na que elaborarán unha grella televisiva con diferentes xéneros), á animación (coa que farán unha curta de animación) e á linguaxe audiovisual. Ademais, os centros contarán cun sitio web no que poderán ir colgando os seus traballos.. Amplía a nova>>

18/04/2008
O DVD “Dragon Ball GT” non estará en galego como as anteriores entregas desta serie

O vindeiro día 30 sairá á venda o DVD de “Dragon Ball GT” e con el poderanse seguir as aventuras do mini heroe Songoku en castelán, xaponés e catalán. Pero non en galego porque, segundo a distribuidora Selecta Visión, “os prezos de cesión das dobraxes da Televisión de Galicia son inasumibles”. Un feito que denunciou a sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística que lles remitiu un escrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á dirección da Televisión de Galicia para lembrarlles o compromiso adquirido no 2006 para ceder as súas dobraxes nas mesmas condicións que as da ETB vasca e a TV3 catalá.. Amplía a nova>>

17/04/2008
Tamar Novas incorpórase ao último filme de Pedro Almodóvar “Os abrazos rotos”

Penélope Cruz, Ángela Molina, Carmen Machi, Blanca Portillo, Kiti Manver, Rossy de Palma, Chus Lampreave son algunhas das actrices que estarán na última película de Pedro Almodóvar, “Os abrazos rotos”. Un filme no que tamén participará Tamar Novas que xunto con Rubén Ochandiano (“Los Hombres de Paco”, “Tapas” ) serán os fillos de Blanca Portillo na ficción. . Amplía a nova>>

15/04/2008
Anjelica Huston e Sean Astin serán as voces da versión americana do filme “Espírito do Bosque”

A malvada señora D’Abondo, empeñada en destruír o bosque a toda costa será Anjelica Huston; Sean Astin, que fixo de Sam no “Señor dos Aneis”, será a voz da toupa Furi, e o protagonista de “Hellboy”, Ron Perlman, será “Carballo” a árbore que representa a sabedoría e a esencia mesma do bosque. Son os actores confirmados que achegarán as súas voces na versión americana da terceira película de animación de Dygra, “O espírito do bosque” . A produción, da que aínda non se deu a coñecer as voces da versión española, estrearase en todo o mundo despois do verán. . Amplía a nova>>

15/04/2008
Redondela abre unha porta á longametraxe no seu festival de curtas

O festival de curtametraxes de Redondela cumpre catro anos. E para esta edición que comeza o vindeiro 24 de abril, a organización abre un novo camiño. Unha etapa na que se prescinde da sección documental en favor da ficción e na que lle abre a porta á longametraxe (na sección “Máis minutos”). Canda isto haberá seccións informativas sobre as posibilidades do formato dixital, varios coloquios que establecerán distintos actores ou directores e máis actividades paralelas. . Amplía a nova>>

14/04/2008
O Consorcio Audiovisual convoca unha nova edición das bolsas de formación

Dentro do seu Plan de Promoción, o Consorcio Audiovisual de Galicia acaba de convocar unha nova edición das bolsas de formación. Unha liña de axudas dotada con 30.000 euros que pretende fomentar a cualificación dos profesionais do sector. A resolución da convocatoria sairá publicada no DOG o día 15 de abril e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 16 de maio de 2008. As actividades formativas realizaranse en centros españois ou estranxeiros e deberán rematar dentro do primeiro trimestre de 2009.. Amplía a nova>>

10/04/2008
Santiago promoverase como plató de cine en California

Santa Mónica, en California, celebra desde hoxe a “Location Trade Show”, a cita que congresa a todas as comisións fílmicas do mundo. Ou o que é o mesmo, o encontro no que se reunen todas as entidades que se encargan de xestionar e promover as rodaxes nun territorio concreto. Un evento ao que asistirá a Santiago de Compostela Film Commission co obxectivo de atraer novas rodaxes para a cidade. . Amplía a nova>>

10/04/2008
O Parlamento insta á Xunta mellorar as emisións de televisión entre Galicia e Portugal

Un magazine como “Praça da Alegria”, informativos, a telenovela “Prova de amore”, os partidos da copa da UEFA e o programa de debate político sobre a situación do espazo público portugués en “Corredor do Poder” son algúns dos programas que poderiamos ver esta noite. Iso sería así, de prosperar o acordo acadado onte por todas as forzas políticas do Parlamento galego, que lle solicitaban á Xunta xestionar coas autoridades lusas a recepción en Galicia das cadeas de televisión do país veciño. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org