Novas | 3031 a 3040 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

07/05/2008
Un ciclo de conferencias e proxeccións analiza a cinematografía de Alexander Sokurov

José Antonio Cascudo coordina no CGAC un ciclo que tenta reflexionar sobre a relevancia de Alexander Sokurov, un dos renovadores da linguaxe cinematográfica, en de dous xeitos. Unha a través de conferencias que situarán ao creador no contexto audiovisual e o relacionará coa tradición rusa tanto cinematográfica como estética. A outra consiste nunha serie de proxeccións nas que achegarán a súa obra. Algúns dos títulos que se proxectarán son “Elexía de Moscú”, “Nai e fillo”, “Elexía dunha viaxe”, “Confesión”, “A arca rusa” ou “Alexandra”.. Amplía a nova>>

06/05/2008
O documental “35 anos de historieta galega” e un video sobre David Rubín levan os nosos cadriños á imaxe real

O vindeiro trece de maio verá a luz o documental “35 anos de historieta galega”. Este traballo, desenvolvido por Gemma Sesar e mais Fausto Isorna ao longo do último ano, pretende amosar a evolución histórica da nosa BD. Será ás oito da tarde no Auditorio de Galicia. Ata entón, no web Entrecómics podemos ver un video no que David Rubín fai unha visita guiada pola mostra que autor protagonizou no último Saló del Còmic de Barcelona. . Amplía a nova>>

06/05/2008
Seis traballos participan no certame Documenta-Madrid 2008

O xénero documental ten unha cita estes días en Madrid. Ata o domingo desenvólvese unha nova edición de Documenta, unha actividade na que están tres longametraxes e outras tantas curtas galegas. “Fronteiras” de Rubén Pardiñas, “Barreiros, motor humano” de Marco Besas e “Profesor Tejero” de Lois Patiño fan parte do apartado de longas mentras que “O desencontro” de Miguel Abad, “Pó de estrelas” de Alber Pagán están incluídos no dos pequenos formatos. Ademais, entre as actividades paralelas previstas pola organización destaca “Periféricos” de Tamara Blanco Insua, Xosé A. F. Holgado e Carlos Mendez. . Amplía a nova>>

05/05/2008
O sector audiovisual pídelle a Touriño unha política única para esta materia

Dunha banda, o sector audiovisual ao completo (por primeira vez todas as asociacións empresariais e profesionais do sector); da outra, o presidente da Xunta de Galicia e, no medio, a cifras do sector que apuntan cara un retroceso. Os representantes do mundo da imaxe déronlle a coñecer a Emilio Pérez Touriño de primeira man os seus problemas e solucións, que reuniron nun decálogo. O presidente respondeu anunciando a creación dunha mesa de diálogo á que se sentarán todos os implicados. En todo caso, para o sector audiovisual as causas están claras: a falta dunha política audiovisual única e o incumprimento da TVG de destinar o 5% do seu beneficio á produción independente.. Amplía a nova>>

05/05/2008
Juanma Bajo Ulloa participará na quinta edición do Festival de Cans

Foi director de Airbag, Alas de Mariposa ou Frágil e, entre o 21 e 24 de maio, estará no festival con máis agroglamour do mundo, o de Cans. Juanma Bajo Ulloa participará na quinta edición deste certame na sección “Coloquio na Leira”. A súa presenza, xunto coa de Manquiña son as únicas confirmadas ata o momento pola Asociación Cultural Arela, organizadora do certame. Entre as novidades desta edición, ademais da incorporación de longametraxes ao programa, está a sección “Sen un can” que os días 8, 15 e 29 deste mes proxectarán no auditorio municipal de Porriño (21:00 horas) traballos cinematográficos de baixo orzamento.. Amplía a nova>>

05/05/2008
Catro películas para televisión galegas competirán no Festival de Málaga

Málaga non abandona o audiovisual. Despois do festival de cine, chega o momento dos formatos para a pequena pantalla. O festival de televisión desta localidade andaluza arranca hoxe con catro títulos galegos na sección oficial. Son “A mariñeira”, “Man morta”, “O espello” e “O tesouro” que se proxectarán ata o sábado, día no que conclúe o festival cun foro de debate sobre futuro destes formatos a partir dos cambios que introduce a nova lei do cine.. Amplía a nova>>

05/05/2008
Curtocircuíto crea a categoría de mellor curta do Estado e incrementa a contía dos seus premios

Curtocircuíto xa está en marcha. En primeiro lugar porque a convocatoria do seu concurso de guións está aberto ata o vindeiro 8 de xuño e, en segundo lugar, porque esta mañá os seus responsables presentaron a programación desta quinta edición. Curtocuircuíto aumenta as contías dos seus premios (200 euros no caso da curta galega e 100 no do público), amplía a semana oficial pasando a durar agora sete días (17-24 de outubro) e crea unha categoría para galardoar os mellores traballos feitos en España. Ademais, o certame ten este ano unha edición de transición xa que a concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Manuel Iglesias, pásalle o testemuño á de Cultura, para que Néstor Rego integre o certame na súa división de audiovisual. . Amplía a nova>>

29/04/2008
Quince proxectos participan no IV Pitching que organizan o Clúster e a Fundación Caixa Galicia

Un pitching é unha xornada na que os produtores e creadores acoden para ensinárllelos os seus proxectos aos posibles compradores. E isto é o que acordaron facer o Clúster Audiovisual de Galicia e Caixa Galicia o vindeiro 8 de maio. Unha actividade á que a entidade financeira achegará 42.000 euros, e que tamén inclúe o patrocinio para o I Foro da Industria Española de Animación que se celebra na Coruña os días 2 e 3 de xullo. . Amplía a nova>>

28/04/2008
O Consorcio Audiovisual achega a Santiago unha mostra de cine cubano

O trobador cubano Santiago Feliú abrirá o vindeiro venres 9 en Santiago a mostra de cine cubano que achegará películas recentes feitas neste país. O ciclo é o resultado dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Comunicación e o Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos. “El Benny” , “Tres veces dos”, “Nada”. “La Pared” e “Viva Cuba” son algúns dos títulos que se poderán ver no Teatro Principal (20:00 horas) entre os días 12 e 16 de maio e de balde. . Amplía a nova>>

25/04/2008
Comeza a primeira edición do Festival “Centrifugado e Canalla” de Sada

A proposta transgresora e provocadora do Festival “Centrifugrado e Canalla” de Sada tivo moi boa acollida. Dos máis de 137 traballos recibidos, a organización seleccionou máis de corenta, entre as que hai curtas premiadas nos festivais de Málaga, Xixón, nos Goya, en Sitges e mesmo un candidato a Sundance 2008. O festival terá lugar esta fin de semana en Sada e o domingo, na entrega de premios, presentarase “A crise carnívora” de Continental Produccións.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org