José Antonio Cascudo coordina no CGAC un ciclo que tenta reflexionar sobre a relevancia de Alexander Sokurov, un dos renovadores da linguaxe cinematográfica, en de dous xeitos. Unha a través de conferencias que situarán ao creador no contexto audiovisual e o relacionará coa tradición rusa tanto cinematográfica como estética. A outra consiste nunha serie de proxeccións nas que achegarán a súa obra. Algúns dos títulos que se proxectarán son Elexía de Moscú, Nai e fillo, Elexía dunha viaxe, Confesión, A arca rusa ou Alexandra.








