É unha produción modesta que ten a principal peculiaridade que foi rodada en galego. Pero se iso non é un hándicap suficiente, Pradolongo foi rodada nunha variedade dialectal, o galego da Rúa, o que se fala onde se rodou. Non importa a lingua, importan as boas historias apuntou o seu director, Ignacio Vilar que está a promover a película nos bares, nas tabernas, nas asociacións
neses lugares tan atípicos e tan pouco glamourosos. É a segunda das entregas nas que analizamos o problema da distribución.
Non é a miña primeira película, de feito é a terceira longametraxe que fago e coñezo como funciona o sistema avisa o seu director, Ignacio Vilar, a quen se sorprenda da estratexia de promoción de Pradolongo, que foi buscando aos espectadores en bares, asociacións e colexios. Está moi lonxe do ideal cinematográfico, das alfombras vermellas, dos cócteles e de todo o paripé importado de Hollywood. Tamén é certo que tampouco é moi habitual que un filme en galego chegue ás carteleiras de máis de tres localidades en galego. Por iso, o caso de Pradolongo pode rebater esas dúas ousadías: rodar en galego (e máis aínda se temos en conta que foi nunha variedade dialectal) e facer que esa película chegue ao cine.
Rodar en galego
Creo que no cine o que debe de funcionar é contar unha boa historia, con independencia do idioma no que estea rodada asegura Ignacio Vilar para o que non existía outra posibilidade que rodar en galego a súa terceira película. Por iso, todos os cines nos que se proxectou e os que quedan aínda na súa viaxe, estarán en galego. Un feito moi infrecuente porque habitualmente as películas ródanse en español (mesmo en inglés) e fanse só tres copias en galego, que son as que figuran como requisito mínimo para poder recibir unha subvención á estrea. As fontes do sector da distribución consultada por esta redacción aseguran que no despacho de billetes non funciona a versión en galego.
Se esta película funcionase, afirma Manolo González, director da Axencia Audiovisual Galega, abriría un camiño de esperanza para este tipo de producións e demostraría que os filmes rodados na nosa lingua teñen moito futuro.
Un modus operando moi orixinal
Estreouse no Valedoras o venres 28 de marzo, e de aí foi a Ourense, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Narón e nese periplo seu por Galicia chegará a Santiago esta fin de semana (Teatro Principal, 25-27 de abril). Está moi lonxe desa estrea mundial e simultánea da que fan gala as súperproducións americanas. Varias copias que circulan por toda Galicia e que seguen o mesmo percorrido que fai o equipo artístico de Pradolongo: primeiro, fálase da película ao longo de toda a semana en asociación socioculturais, en centros de ensino, en bares e, por último, a súa estrea nos cines ese mesmo venres. E o resultado funciona. Ignacio Vilar asegura que non é algo casual, como é a miña terceira película eu xa tiña claro que tiña que facer. As películas europeas teñen un grave problema, que é que as grandes multinacionais americanas controlan a produción-exhibición. E esta situación en Galicia é aínda peor, pero como coñezo persoalmente a algúns dos propietarios dos cines independentes que aínda quedan, fun negociando con eles e se tes unha película ten taquilla pois cha meten. ¿É Pradolongo unha película taquilleira? Tendo en conta que a día 15 de abril a produtora Vía Láctea Films ten contabilizado máis de 10.000 espectadores, case podemos dicir que si.
Ademais, como desde Vía Láctea Films non podían competir en igualdade de condicións coas producións americanas, optaron polo boca-orella e por Internet como estratexia de promoción. Por ese motivo, contan con dous sitios webs (Pradolongo.net e meupradolongo.com) que está anegado de comentarios dun público entusiasta que está a apoiar a película. Neste sentido, Manolo González pensa que Pradolongo non é unha película para críticos, senón para adolescentes e público familiar, por ese motivo, o director ten moi claro cal é o seu público obxectivo e vai nesa dirección. De momento, algunhas cifras e comentarios fannos sospeitar que Ignacio Vilar xa atopou ese público: nós queriamos bater a marca que tiña Titanic no Barco de Valdeorras con 1.500 espectadores e nós, nunha semana fixemos 6.000.