O vindeiro día 30 sairá á venda o DVD de Dragon Ball GT e con el poderanse seguir as aventuras do mini heroe Songoku en castelán, xaponés e catalán. Pero non en galego porque, segundo a distribuidora Selecta Visión, os prezos de cesión das dobraxes da Televisión de Galicia son inasumibles. Un feito que denunciou a sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística que lles remitiu un escrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á dirección da Televisión de Galicia para lembrarlles o compromiso adquirido no 2006 para ceder as súas dobraxes nas mesmas condicións que as da ETB vasca e a TV3 catalá.








