Foi galego de adopción, país no que decidiu quedarse para facer parte da gran familia do audioviusal. Emilio Mac Grego contribuíu á profesionalización da ficción televisiva galega e morreu con tan só 45 anos. Por todo isto, a Asociación de directores e realizadores de Galicia (CREA) ten previsto realizarlle unha homenaxe na sede do Centro Galego de Artes da Imaxe, o sábado 26 as seis da tarde. Un acto no que se proxectará un vídeo feito a propósito para este acto, máis algúns dos traballos que fixo o propio Emilio como Punto Final do vídeo colectivo Hai que botalos ou o documental O que dis que din.