O VII Premio Daniel DomÃnguez de Guión en Galego que convoca a Asociación Galega de Guionistas recaeu este ano en Benigno López Moure, pola súa obra 'Monstros'. O galardón organizado por AGAG, coa colaboración da Fundación SGAE e o apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, está dotado con 2.000 euros. Xunto á obra gañadora, tamén foron recoñecidas como finalistas: 'Amparo, pero non olvido', de Luis Miles e 'Onda tras onda', de Daniel Cornes. Do traballo gañador o comité avaliador destacou "o dominio impecable dos códigos do thriller, a profundidade psicolóxica dos personaxes e a valentÃa de abordar unha temática incómoda cunha mirada autoral comprometida coa complexidade moral da historia". No acto de entrega do galardón celebrado o venres pasado na sede da SGAE de Santiago de Compostela, participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, para expresar o apoio do Goberno galego ao labor da escrita individual como punto de partida determinante dos proxectos que chegan con éxito ás pantallas. Con esta nova edición do premio, AGAG reafirma o seu obxectivo de impulsar a creación de contidos en galego, apoiando o traballo das autoras e autores e fortalecendo a presenza da nosa lingua no audiovisual.
Benigno López Moure gaña o Premio de Guión en Galego da AGAG
O autor acadou a sétima edición do Premio Daniel DomÃnguez coa historia de intriga 'Monstros'





