O guión A illa da morte, escrito por Paula Mariñas, foi seleccionado como gañador do III Premio Daniel DomÃnguez de guión en galego. O galardón que está organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), co apoio de Fundación SGAE e a colaboración de Filmarket Hub, recoñece guións orixinais e inéditos escritos en lingua galega para longametraxes de ficción.
O traballo de Mariñas valeulle á súa autora o premio de 2.500 euros en metálicos que se acompaña cunha subscrición gratuÃta de 6 meses ao mercado online da plataforma Filmarket Hub. O xurado destacou da obra a "súa atractiva combinación de xéneros no marco dun episodio da nosa Historia que enlaza co momento actual, abordando temas como a inmigración, o racismo ou a identidade de xénero".
Canda á gañadora, o fallo seleccionou como finalistas as obras A vella e a morte, escrita por Abel Alves, e mais O rumbo das baleas, de José Veiga. Os dous finalistas recibirán unha subscrición de seis meses a Filmarket Hub.