Lúa García, Mª Inés Cuadrado e Alberto Guntín gañan Premio Daniel Domínguez de guión en galego

Quedaron finalistas 'Abellón' de Fon Cortizo e 'Resurrection' de Ángela Andrada e Fernando Tato

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O guión 'Acotío', escrito por Lúa García, Mª Inés Cuadrado e Alberto Guntín, é o gañador do IV Premio Daniel Domínguez de guión en galego, organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), co apoio de Fundación SGAE, a colaboración de Filmarket Hub e o patrocinio da Xunta de Galicia. Os outros finalistas foron 'Abellón' de Fon Cortizo e 'Resurrection' de Ángela Andrada e Fernando Tato. O xurado formado por Sara Gómez, Ángel Manzano e Víctor Grande, integrantes da Xunta Directiva de AGAG, decidiron por maioría conceder o premio a Acotío "pola súa sensibilidade á hora de abordar temas tan delicados como a perda e a súa construción de personaxes que zumega verdade." Lúa García, Mª Inés Cuadrado e Alberto Guntín recibirán o premio de 2.000 euros amais dunha subscrición gratuíta ilimitada ao mercado online da plataforma Filmarket Hub. Os finalistas Fernando Tato, Ángela Andrada e Fon Cortizo terán tamén o accésit da subscrición a Filmarket Hub.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Fon Cortizo, Fon, Asociación Sindical Galega de Guionistas...