Héctor Carré faise co Premio Daniel Domínguez de Guión

Uxía Diéguez e Gumersindo Novoa foron finalistas no certame da Asociación de Guionistas

18/12/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
62 lecturas | Compartido 0 veces

O traballo Sinais valeulle a Héctor Carré facerse cos 2.000 euros con que está dotado o V Premio Daniel Domínguez de guión en galego, que organiza a Asociación Sindical Galega de Guionistas. O galardón, que recoñece textos para longametraxes de ficción, tivo como finalistas a Uxía Diéguez Santiago co seu traballo Furtivo e a Gumersindo Novoa Rodríguez con As cores da alma.

O xurado, composto por Sara Varela, Ángel Manzano e Víctor Sierra, sinalaron do traballo gañador que "propón unha inmersión nas vivencias das persoas con discapacidade auditiva, abordando temas relevantes como o consentimento, a integración nun entorno educativo convencional e o espertar do desexo sexual, todo tratado con autenticidade e empatía".

Os tres autores seleccionados contarán cunha subscrición gratuíta ao mercado online da plataforma Filmarket Hub, que lles facilitará vender os seus guións.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Héctor Carré, Héctor Carré, Asociación Sindical Galega de Guionistas...