A malvada señora DAbondo, empeñada en destruír o bosque a toda costa será Anjelica Huston; Sean Astin, que fixo de Sam no Señor dos Aneis, será a voz da toupa Furi, e o protagonista de Hellboy, Ron Perlman, será Carballo a árbore que representa a sabedoría e a esencia mesma do bosque. Son os actores confirmados que achegarán as súas voces na versión americana da terceira película de animación de Dygra, O espírito do bosque . A produción, da que aínda non se deu a coñecer as voces da versión española, estrearase en todo o mundo despois do verán.








