Novas | 3051 a 3060 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

09/04/2008
Os concellos achegan ao públicos os finalistas dos Premios Mestre Mateo

Un total de sesenta concellos de toda Galicia proxectarán ata o vindeiro domingo os traballos finalistas a esta edición dos Premios Mestre Mateo, o certame convocado pola Academia Galega do Audiovisual que premia o cine e televisión creado no país. A través da rede creada pola Axencia Audiovisual Galego, “Cinemas dixitais”, cada concello exhibirá varios proxectos e contará coa presenza dun recoñecido profesional do sector que ofrecerá un pequeno coloquio.. Amplía a nova>>

09/04/2008
O peche continuado de salas deixa a Galicia nos últimos postos de pantallas de cine

España é o estado da Unión Europea que conta cun maior número de salas de cine. Con todo, continúa a descender esa cantidade polo peche de pequenos establecementos. Unha das provincias máis afectadas é Ourense, que xunto con Burgos, Teruel e Badaxoz están nos últimos postos no censo de locais que realiza a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC). Segundo este mesmo estudo, Galicia conta cunha media de sesenta salas por cada millón de habitantes.. Amplía a nova>>

09/04/2008
Santiago homenaxea a Manuel Balboa, coñecido compositor de bandas sonoras

Moitos lembrarán del a música que compuxo para as películas de José Luis Garci (principalmente “O avó” ou “Canción de berce”, pola que foi candidato aos Goya) pero Manuel Balboa (A Coruña, 1958- 2004) foi moito máis ca iso. Foi un dos músicos máis significativos da súa xeración e finou en pleno proceso creativo. Agora, cando se cumpren catro anos do seu pasamento diferentes concertos pretenden recuperan a súa figura.. Amplía a nova>>

07/04/2008
O Consorcio destina 80.000 euros para a promoción dos filmes na rede

Unha película galega non pode competir en condicións de igualdade cunha súperprodución de Hollywood. Pero si pode buscar outros camiños para buscar o público e cautivalo. Isto é o que pretende promover o Consorcio Audiovisual de Galicia coas axudas a promoción das películas a través da rede. Un total de 80.000 euros servirán para financiar estas medidas e o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de decembro.. Amplía a nova>>

04/04/2008
A curta “O Bufón e a Infanta” abre a representación galega no Festival de Málaga

Hoxe arranca a undécima edición do Festival de Cine Español de Málaga, o referente máis destacado do audiovisual que se produce no Estado e no que hai nutrida representación galega. A produción de Dygra “O bufón e a infanta” abrirá a proxección de curtametraxes a concurso. Con ela iníciase a presenza galega no festival que conta con dous traballos en sección competitiva: a última película de Xavier Bermúdez, “Rafael”, que foi rodada en galego, e o documental de Margarita Ledo “Liste, pronunciado Líster”. Ademais, haberá diferentes coproducións nos ciclos de exhibición, non competitivos, que ten programado a organización.. Amplía a nova>>

03/04/2008
A Fonsagrada adiántase ao apagón analóxico este sábado

O sábado día 5 de abril é unha data que o concello da Fonsagrada tardará en esquecer. É o día no que ten previsto que se produza o temido “apagón analóxico”, ou o que é o mesmo, que comecen as emisións en dixital (a famosa TDT) neste municipio. Fai parte dun proxecto piloto posto en marcha pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual que escolleu a Fonsagrada polas súas características (localización, dispersión…) que a facía especialmente indicada para testar o proceso de conversión da televisión analóxica á dixital. Co inicio das emisións comeza o proceso de migración cara o novo sistema que ten previsto rematar no 2010.. Amplía a nova>>

02/04/2008
O Concello de Ferrol crea un programa de cine para promover o audiovisual na cidade

Ferrol conta só cun único cine (que ten dúas salas) e a actividade audiovisual na cidade pasa por horas baixas. Por ese motivo, o concello e a asociación “Axente cultural” estrean hoxe un programa que pretender darlle a volta a situación. Chámase “Primavera de cine” e pretenden que cada mércores ás 20:00 horas se emitan dous traballos audiovisuais: unha longametraxe en versión orixinal subtitulada máis outro proxecto breve como unha curtametraxe ou un documental. Ademais, cada mes as proxeccións xirarán ao redor dun tema. Este mes versarán sobre a música, en maio sobre o amor e o desexo e en abril sobre a animación. Hoxe inaugura o ciclo “Ecos” e a película “The devil and Daniel Johnston. Ademais, o creador ferrolán Rubén Coca será o encargado de abrir a proxección.. Amplía a nova>>

02/04/2008
Ernesto Chao faise co Premio de Honra da Academia Galega do Audiovisual

Ferrol acollerá o vindeiro día 15 a gala de entrega dos premios máis importantes do audiovisual galego, os Mestre Mateo. Un certame do que xa se coñece un gañador. É Ernesto Chao ao que a Academia Galega do Audiovisual lle acaba de conceder o seu Premio de Honra Fernando Rey. Ademais, a presidenta desta entidade, María Bouzas, anunciou que do 7 ao 13 de abril terá lugar a Semana do Audiovisual Galego para “crear expectación” sobre os gañadores. Un total de 60 localidades ofertarán diferentes proxeccións e contarán coa presenza dun membro do equipo das producións finalistas nesta edición. Os que non poidan velo no teatro Jofre poden facelo na Televisión de Galicia, que emitirá en falso directo a gala.. Amplía a nova>>

01/04/2008
Diferentes proxeccións servirán para conmemorar o aniversario da cidade da Coruña

O Centro Galego de Artes da Imaxe quere homenaxear á cidade na que ten a súa sede, A Coruña, agora que esta cumpre 800 anos. Por iso, ata final de ano programa, en colaboración co concello herculino, diferentes filmes que teñen relación coa cidade: ben porque serviu de escenario dalgúns deles, ben porque participaron personalidades ligadas ao cine procedentes da cidade (directores, guionistas, produtores ou actores). “Blanca Madison” (Carlos Amil, 2000), “Camarote de lujo” (Rafael Gil, 1957) e diferentes curtametraxes que permitirán un percorrido fílmico pola evolución da cidade son algúns dos títulos programados para este mes de abril.. Amplía a nova>>

31/03/2008
O Consorcio Audiovisual convoca Curtas´08 con novidades destacadas con respecto ás anteriores edicións

Catro curtametraxes poderán parte de Curtas´08, ou o que é o mesmo, o programa de promoción deste tipo de formatos que organiza o Consorcio Audiovisual de Galicia. Entre as principais novidades desta edición, pendente de saír publicada no DOG, pasa porque os traballos seleccionados recibirán unha axuda económica de 3.000 euros co obxecto de facilitar a súa promoción e difusión nos mercados e festivais nacionais e internacionais. A segunda novidades pasa porque a curta gañadora do premio do público á mellor curtametraxe de animación do Festival de Cans entrará directamente a formar parte do catálogo Curtas´08.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org