31/03/2008
Margarita Ledo ingresa no Plenario da Real Academia Galega
É xornalista, escritora, cineasta e catedrática en Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias de Comunicación. E desde este sábado tamén académica numeraria da Real Academia Galega. Margarita Ledo (Castro de Rei, Terra Cha, 1951) ingresou na RAG para ocupar a vacante deixada por Miguel Anxo Araúxo Iglesias. .
Amplía a nova>>
28/03/2008
O Festival de Cans concede o seu premio de honra ao actor Chete Lera
O festival máis orixinal do panorama galego quenta motores. A localidade pontevedresa de Cans celebrará do 21 ao 24 de maio a cuarta edición do seu festival de curtametraxes, que nesta ocasión recibiu máis de cen traballos, entre as producións de ficción, de animación e documentais, e uns 30 videoclips. Ademais, a organización acaba de dar a coñecer que o seu premio de honra, o Pedigree´08 que recoñece a mellor traxectoria, recaerá no actor estradense Chete Lera. Entre as novidades desta edición é que o premio contará con dotación económica (1.500 euros)..
Amplía a nova>>
27/03/2008
Sada crea o primeiro festival de cine transgresor e absurdo
Se tes un filme orixinal que non exceda dos vinte minutos, faille unha copia, méteo nun sobre e envíao ao “Festival de Cine Centrifugado e Canalla” de Sada. Un certame que crea a primeira edición e conta con catro premios (mellor curta de ficción, en galego, de humor canalla e centrifugado). Para máis información CCyCProducciones@hotmail.com.
Amplía a nova>>
26/03/2008
Vaca Films presenta a súa última película para televisión, “O tesouro”
Fran é un rapaz que quere ser un lobo de mar. Como é fillo de emigrantes, á morte da súa nai decide voltar a Galicia pero nese camiño a droga crúzase na súa vida. Esta é a historia do “Tesouro” a última película para televisión de Vaca Films que acaba de estrear na Coruña. A produción poderase ver na Televisión de Galicia a mediados de ano..
Amplía a nova>>
24/03/2008
Comunicación convoca axudas para a celebración festivais de cine
Aquelas entidades que organicen festivais, certames, semanas, mostras ou galas para promover a produción audiovisual en Galicia poden acollerse as axudas que acaba de convocar a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (DOG 56, 24 de marzo) para a organización deste tipo de eventos. O historial, a súa repercusión, o número de países son algúns dos criterios que determinarán a contía da axuda (que non pode superar o 40% do orzamento final)..
Amplía a nova>>
18/03/2008
Os concellos e a Televisión de Galicia amosarán películas feitas en países árabes
A Axencia Audiovisual Galega e o Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal xuntaron os seus esforzos para poder achegar ao público galego o cine árabe. Un acordo que ten lugar en dúas frontes: unha cun ciclo de cine que fai parte do programa “Cinemas dixitais”, que achega producións audiovisuais aos concellos; a outra a través da Televisión de Galicia que emitirá as películas que se viron na última edición do Festival de Cine Amal en versión original subtitulada..
Amplía a nova>>
17/03/2008
Rithy Pan e Eloy Enciso gañan os premios a mellores documentais do Play-Doc
Rithy Pan, director da longametraxe documental “O papel non pode envolver a brasa” foi o gañador na categoría de longametraxes do Play Doc 2008. O xurado valorou o documental “por atopar un lugar común para a mirada crítica e a construción fílmica, ao darnos a ver con solidez e empatía unha historia particular, enmarcada na historia dun pais”. O premio á mellor produción documental galega, categoría convocada por primeira vez, foi para “Pic-nic”, de Eloy Enciso, no que o xurado destacou: “o rigor na construción dun dispositivo cinematográfico que nos permite achegarnos a momentos de vida que, doutro xeito, a cámara non sería quen de atrapar”. O festival de cine documental Play-Doc, que se celebrou en Tui do 12 ao 16 de marzo tamén premiou a curtametraxe “O Xastre”, de Óscar Pérez, e na categoría “Maratón Play-Doc”, obtiveron o dereito a converter a curta en longa Diana Gonçalves e Miguel Barbosa, de Allariz, co seu traballo “Trapicheiras”, sobre o papel das mulleres no contrabando transfronteirizo..
Amplía a nova>>
17/03/2008
Carlos Amil e Xoan Cabanas adaptan para o cine a novela de Xabier Docampo, “A casa da luz”
Xoán Cabanas Cao como produtor e Carlos Amil como director son os reponsables de levar á gran pantalla “A casa da luz”, a novela de Xabier Docampo. Unha historia que conta a aventura dun grupo de nenos cando un deles desaparece nun mundo descoñecido e misterioso. O proxecto pretende contar con actores galegos, por iso fará probas de reparto en todas as bisbarras de Galicia. A película rodarase en galego, con imaxe real e está pensada para todos os públicos..
Amplía a nova>>
13/03/2008
O Consorcio convoca a segunda edición do seu catálogo para promover os documentais
“Docs Galicia 08” é a nova convocatoria do Consorcio Audiovisual de Galicia, co fin de promover e difundir os documentais galegos. Trátase da segunda edición deste programa que pretende elaborar un catálogo promocional e que este ano incorpora unha novidade: as produtoras seleccionadas recibirán un máximo de 4.500 euros por proxecto para poder asistir a mercados e festivais nacionais e internacionais. A convocatoria estará aberta a todas as produtoras galegas durante un mes despois da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia..
Amplía a nova>>
13/03/2008
Pontevedra acolle esta noite unha pasarela coas creacións para o vindeiro outono-inverno
Pontus Veteris volve exhibir esta noite (21:30 horas) os deseños dos modistas galegos. Pero pode ser a última pasarela pontevedresa baixo este formato, xa que os seus organizadores, a Cámara de Comercio, quere convertelo na Semana Internacional da Moda Galega (Seimoga). Mentres se concreta o proxecto, esta noite (retransmitida pola TVG) Florentino, Montoto, María Mariño, Charoa, Araújo Piel e Toypes presentarán a roupa que vestiremos o vindeiro outono-inverno..
Amplía a nova>>