Novas | 3071 a 3080 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

13/03/2008
Estréanse no cine dúas películas que apostan pola produción propia galega

Este venres chegan ás carteleiras dúas producións atípicas. Unha por estar rodada en galego e a outra por ser financiada integramente en Galicia. Dúas “rara avis” nun mundo dominado polas coproducións e onde as decisións estratéxicas se toman fóra de Galicia. Son “Pradolongo” e “O menor dos males” que evidencian que é posible facer cine galego.. Amplía a nova>>

12/03/2008
Dúas producións galegas compiten no Festival de Cine de Málaga

Comeza a conta atrás para que comece a undécima edición do Festival de Cine Español de Málaga (4-12 de abril). Unha cita que conta con dúas producións galegas na sección oficial a competición. Dunha banda, a última película de Xavier Bermúdez, “Rafael” e, da outra, o documental de Margarita Ledo “Liste, pronunciado Líster”. Canda estas películas, no marco do festival poderán verse outras coproducións galegas como “Mar adentro”, “Os luns ao sol”, “Míah Sarah” e as producións de Filmanova “Os totenwackers” e as de Bren “Donkey Xote” e “Nocturna”.. Amplía a nova>>

11/03/2008
Estréase hoxe na rede “Oculta identidade” a primeira ciberserie rodada en galego

Comezou sendo un traballo de clase e acabou por converterse na primeira serie galega que se emitirá por Internet. “Oculta identidade” estréase hoxe, na rede, ás 21:00 horas. Son doce capítulos de dez minutos de duración contarán o que acontece con Cristian Pazos, estudante de Produción de Audiovisuais da Escola de Imaxe e Son da Coruña que desaparece en estrañas circustancias. A partir dese momento os seus amigos comezarán a buscalo.. Amplía a nova>>

10/03/2008
As empresas galegas que participaron no Cartoon Movie regresan con numerosos contactos

A animación europea vive un momento doce. As súas producións triplicaron a súa audiencia no último trienio e agárdase un ritmo de crecemento semellante para os vindeiros anos. Son algunhas das cifras que se ofreceron no marco do Cartoon Movie de Postdam (Alemaña), unha cita imprescindible no mundo da animación á que asistiron cinco empresas galegas baixo o “paraugas” do Clúster do Audiovisual. Unha delegación que acaba de regresar con máis de medio centenar de contactos para producir e distribuir futuras producións deste xénero. . Amplía a nova>>

07/03/2008
“O neno de barro” e “A vida por diante” son as favoritas dos premios Mestre Mateo 07

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá os finalistas para os premios Mestre Mateo 07, é dicir, os que galardoan as mellores producións do ano pasado. Os grandes favoritos son a longametraxe de Adivina Producións, “O neno de barro” con 16 candidaturas, entre as que destaca a de guión, longametraxe e as dos tres intérpretes masculinos protagonistas; e a serie de Voz Audiovisual “A vida por diante”, finalista en doce categorías (mellor serie de televisión e doblete en mellor actriz protagonista). A longametraxe de Continental, “Concursante”, e a serie “Air Galicia” teñen sete candidaturas cada unha. A gala de entrega dos premios será o vindeiro 15 de abril no Teatro Jofre de Ferrol. . Amplía a nova>>

05/03/2008
O Clúster apoia a presenza de produtoras no festival da animación de Postdam

Ficción Producciones, Deboura Deseños Animados, Brent Entertainment, Continental Producciones e Filmax Animation son as empresas galegas que participan, desde hoxe, na 10ª edición do Cartoon Movie de Postdam (Alemaña). Este festival, que se celebra ata o venres, está dirixido a fomentar a produción, financiamento e distribución de películas europeas de animación. As empresas galegas participan no marco dunha misión comercial do Clúster, no seu obxectivo de conseguir unha maior internacionalización do audiovisual do país. . Amplía a nova>>

04/03/2008
O Clúster anuncia para marzo o servizo Vixía, con información para o sector

Marzo será un mes de novidades para o Clúster Audiovisual Galego. Principalmente porque poñerán en marcha o servizo Vixía, un buscador de información tecnolóxica que poida ser útil para o sector a través de internet e do móbil. Cada isto, presentarán un catálogo en liña con información das 48 empresas do sector que conforman esta plataforma. . Amplía a nova>>

29/02/2008
A Fundación Caixa presenta un novo ciclo de cine que ten o tren como protagonista

Despois do ciclo “Nova York, no cine”, a Fundación Caixa Galicia acaba de preparar, para os meses de marzo e abril, un novo programa. Leva por título “Trens de cine” e incorpora títulos como “Vías cruzadas” (Tom McCarthy, 2003), “Breve encontro” (David Lean, 1946), “O derradeiro tren” (Diego Arsuaga, 2002), “Perdición” (Billy Wilder, 1944) ou “Alarma no expreso” (Alfred Hitchcock, 1938) que se poderá ver nas sedes que a entidade ten espalladas por toda Galicia.. Amplía a nova>>

29/02/2008
A Universidade de Santiago recrea as proxección dos cineclube dos anos sesenta

O salón de actos da Facultade de Filosofia dará hoxe un salto no tempo e acollerá unha proxección do mesmo xeito que se facía nos anos sesenta. A película escollida é ‘Umberto D’ de Vittorio de Sica e fai parte do programa de actividades paralelo á exposición ‘Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela”.. Amplía a nova>>

29/02/2008
O Festival de Ourense adiántase ao mes de outubro e incrementa o seu orzamento

Despois dunha edición de transición, que levaba o lema de “Reinventar un festival”, o Festival de Cine de Ourense acaba de presentarse completamente renovado. Un dos primeiros cambios é a súa situación dentro do calendario, pasando a celebrarse no mes de outubro (do 11 ao 18) para non coincidir con Cineuropa. Outro dos cambios é o incremento do orzamento en 60.000 euros máis, que se notará nunha maior contía dos premios e na creación de novas categorías (mellor guión en longametraxes, mellor documental, mellor película de animación e mellor filme en novos formatos). Será a primeira edición na que se notará o selo de Enrique Nicanor, que foi nomeado director do festival o pasado mes de setembro.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org