Comeza a conta atrás para que comece a undécima edición do Festival de Cine Español de Málaga (4-12 de abril). Unha cita que conta con dúas producións galegas na sección oficial a competición. Dunha banda, a última película de Xavier Bermúdez, Rafael e, da outra, o documental de Margarita Ledo Liste, pronunciado Líster. Canda estas películas, no marco do festival poderán verse outras coproducións galegas como Mar adentro, Os luns ao sol, Míah Sarah e as producións de Filmanova Os totenwackers e as de Bren Donkey Xote e Nocturna.








