29/02/2008
Aberto o prazo de axuda para que os concellos merquen equipamento audiovisual e multimedia
Os concellos galegos teñen de prazo ata o 31 de marzo para presentarse á convocatoria de axudas para mercar equipamento audiovisual e multimedia. Co obxectivo de que os concellos poidan ofrecer contidos e servizos de interese social, cultural e formativo aos seus cidadáns, a Secretaría Xeral de Comunicación acaba de convocar dúas liñas de axudas: unha para a prestación do servizo de radiodifusión sonora e outra para mercar equipamento audiovisual e multimedia..
Amplía a nova>>
28/02/2008
Cataluña presenta as axudas para o audiovisual na que reduce os proxectos e prima o valor cultural
O Departamento de Cultura e Medios de Comunicación da Generalitat de Cataluña presentou onte as súas liñas estratéxicas de apoio ao sector audiovisual. En total cederán 16,65 millóns de euros para consolidar a industria cinematográfica (77 longametraxes no 2007, dos que 12 foron en catalán), manter a tradición de valor cultural da súa cinematografía e impulsar as producións en versión orixinal. Entres as principais características da súa nova política destaca: a creación dun fondo para méritos artísticos e culturais que financiará só 5 ou 6 proxectos; a colaboración coa Televisión Catalana; o establecemento dun sistema de puntos para conceder as axudas a produción(elementos artísticos, creativos e contribución cultural); e unha liña de apoio á explotación e difusión (cun máximo de 200.000 euros)..
Amplía a nova>>
27/02/2008
O Festival de Cans incorpora cantidades económicas a dous premios que concede o xurado
Por primeira vez desde a súa creación, os premios do Festival de Curtametraxes de Cans contarán con dotación económica. Pero só para dúas categorías, mellor curta de ficción e mellor curta de animación, que concede o xurado. A quinta edición deste peculiar festival que leva a etiqueta de “agro-glamour” terá lugar do 21 ao 24 de maio. O prazo de recepción de traballos está aberto ata o vindeiro 15 de marzo..
Amplía a nova>>
26/02/2008
Cinco producións galegas están presentes no festival de cine fantástico de Porto
A cidade de Porto é, ata o vindeiro 9 de mazo, a capital mundial do cinema fantástico. Fantasporto celebra unha nova edición cun completo programa de actividades no que tamén hai producións galegas. Dentro da sección Anima-Te poderanse ver “Nocturna” e “Donkey Xote; na sección de curtametraxes proxectaranse “Cousas do Kulechov” e “A flor máis grande do mundo”. Completa a presenza galega o filme “Romasanta” nas salas Lusomundo..
Amplía a nova>>
25/02/2008
Rinlo acolle desde hoxe a rodaxe de “Os mortos van ás présas”
Case ano e medio despois da suspensión de “Os mortos van ás présas”, Ángel de la Cruz retoma a rodaxe da producción en Rinlo (Ribadeo). Con novos socios, Cinematógrafo, Artemática, Perro Verde Films e Resonancia, e con Buena Vista como distribuidora, o proxecto recuperáse con moi poucos cambios sobre o previsto inicialmente. Tan poucos, que ata o dobre oficial do finado Fernando Fernán Gómez (o actor galo, Jean Claude Guimard) participará na produción..
Amplía a nova>>
22/02/2008
Enrique Criado leva un premio en EEUU polo seu traballo no ámbito do 3D
O futuro do cine pasará, posiblemente, polo 3D. Precisamente un campo de traballo no que o galego Enrique Criado é un especialista. Ata tal punto, que acaba de recibir un premio nunhas xornadas profesionais que tiveron lugar en San José, California, pola presentación estereoscópica que presentou con Rob Engle (creador dos efectos especiais no filme “Beowulf”). .
Amplía a nova>>
22/02/2008
Play Doc proxectará historias reais para denunciar a violencia de xénero
“I´m Scared” da realizadora polaca Karolina Bendera, “Bajo Juárez: a cidade devorando ás súas fillas” dos mexicanos Alejandra Sánchez e José Antonio Cordero e “Lle Papier ne peut pas Envelopper a Braise” do veterano e prestixioso realizador camboyano Rithy Pan son os filmes cos que Play-Doc, o festival de documentais de Tui, pretende denunciar a violencia de xénero. Unha serie que chega grazas á colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e a organización do Play Doc. Un evento que terá lugar do 12 ao 16 de marzo e que conta este ano cunha nova sección que aposta polo experimental do cine de animación.
.
Amplía a nova>>
22/02/2008
As emisións dixitais das cadeas locais comezarán nos vindeiros meses
As primeiras cadeas locais comezarán a emitir en dixital antes do verán. A isto se comprometeron algunhas cadeas, como Correo TV, a cadea que se fixo coa concesión da demarcación de Santiago, entre outras, na xuntanza que os concesionarios mantiveron con Manuel José Fernández, director xeral de Comunicación Audioviusal e Jesús García Porto, director-xerente do operador público de telecomunicacións Retegal a propósito da situación da televisión local. .
Amplía a nova>>
21/02/2008
As televisións públicas de Galicia e Portugal inician un proxecto para coproducir documentais
Cabo Verde, Guinea Bissau, São Tome e Príncipe, Angola, Mozambique, Timor Leste, Brasil e Portugal son países nos que o portugués é a fala oficial. Pero tamén os escenarios nos que se centra “Terras de acolá” a última serie da Televisión de Galicia que comezará a emitirse no noso país o vindeiro 1 de marzo. A serie foi presentada onte en Lisboa, xa que a televisión pública portuguesa comprometeuse a emitila. Ademais, os representantes destas cadeas acordaron en Lisboa iniciar un convenio de colaboración para intercambiar arquivos e coproducir documentais..
Amplía a nova>>
20/02/2008
O primeiro apagón analóxico do Estado será na Fonsagrada
Unha gran illa dixital na fronteira de Galicia. Isto é no que se vai converter a Fonsagrada a partir do vindeiro 5 de abril, cando deixe de recibir a televisión analóxica e comece a TDT. Así o anunciou esta mañá a o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández, quen tamén fixo entrega de 1.000 decodidificadores para que os habitantes deste concello poidan acceder á nova forma de televisión. As características deste municipio lucense, en canto a poboación e orografía, permitirán deseñar os plans de información e efectivos e o estudo das implicacións sociais deste cambio para toda Galicia..
Amplía a nova>>