O futuro do cine pasará, posiblemente, polo 3D. Precisamente un campo de traballo no que o galego Enrique Criado é un especialista. Ata tal punto, que acaba de recibir un premio nunhas xornadas profesionais que tiveron lugar en San José, California, pola presentación estereoscópica que presentou con Rob Engle (creador dos efectos especiais no filme “Beowulf”).