A cidade de Porto é, ata o vindeiro 9 de mazo, a capital mundial do cinema fantástico. Fantasporto celebra unha nova edición cun completo programa de actividades no que tamén hai producións galegas. Dentro da sección Anima-Te poderanse ver Nocturna e Donkey Xote; na sección de curtametraxes proxectaranse Cousas do Kulechov e A flor máis grande do mundo. Completa a presenza galega o filme Romasanta nas salas Lusomundo.








