Novas | 3091 a 3100 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

19/02/2008
Galicia comezará a recibir soamente a TDT de xeito gradual a partir de decembro deste ano

Cada galego destina unha medida de 181 minutos para ver a televisión. Pero a tele, tal e como a estamos recibir hoxe, está a mudar de sistema cara a TDT (televisión dixital por ondas terrestres). E para poder seguir véndoa, a Xunta, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, elaborou un plan que contempla os pasos para que ninguén deixe de ver a televisión. Hoxe, o director xeral, Manuel José Fernández, presentou o calendario no que cesarán as emisións analóxicas, así como as infraestruturas que nos permitirán dar o cambio. Ademais, coñece no documento en cal é o prazo do teu concello.. Amplía a nova>>

19/02/2008
Fina aos 45 anos o director Emilio Mac Gregor, un dos valedores da ficción televisiva do país

Naceu en México, chegou a Galicia en 1999 por cuestións de traballo e decidiu quedarse aquí e achegar o seu gran de area ao que se lle chamou audiovisual galego. Emilio Mac Gregor, fillo do actor Eduardo Mac Gregor, acaba de morrer cando só tiña 45 anos de idade. Desempeñou un papel clave na profesionalización da ficción televisiva galega onde traballou nas series do Grupo Voz “Nada es para siempre”, “Terra de Miranda” e “Mareas vivas”. . Amplía a nova>>

18/02/2008
O director do ICAA explica en Santiago as características e novidades da nova Lei do Cine

Aprobouse o pasado decembro (entrou en vigor o 28 dese mesmo mes) pero aínda quedan moito aspectos por explicar. Por ese mesmo motivo, a Fundación Araguaney e o Consorcio Audiovisual organizaron unha xornada para explicar o novo marco xurídico. Na primeira das mesas redondas, o director do ICAA, Fernando Lara, explicou as principais novidades e os principios de orde cultural que rexen o texto xurídico. . Amplía a nova>>

18/02/2008
Un ciclo do CGAI recupera a cinematografía que aborda os procesos de transición ás democracia

“Después de...” de Cecilia e José Juan Bartolomé é un documental que se achega á transición española pero vista desde a perspectiva da xente (non dos políticos)reflectida nosa nos que van desde o comezo da democracia ata o intento do golpe de Estado do 23-F. Pero tamén é a película coa que o Centro Galego de Artes da Imaxe presenta “Imaxinarios en tránsito”, o espazo para achegarse á cinematografía que revisa procesos sociais, culturais e políticos que se dan nun contexto de inicio de democracias. “No haber olvidado nada e Postsocializem+Retrovantgarda+Irwin” (martes ás 20:30 horas); “Countdown”,(mércores, 20:00 horas), “O esquecemento da diáspora”, “Abanico rojo” e “El tren de la memoria” (xoves, 19:00 horas) son algúns dos títulos que se proxectarán ao longo da semana.. Amplía a nova>>

18/02/2008
Galicia asina acordos con Cuba para a formación audiovisual e a dixitalización de arquivos

A presenza galega na Feira do Libro da Habana segue dando que falar. A Consellaría de Cultura anunciaba esta fin de semana a sinatura dun acordo coa Escola Internacional de Cine de Cuba. Por este convenio, os dous países realizarán actividades de intercambio nos eidos da formación e da distribución de produtos audiovisuais e abren a porta ao desenvolvemento conxunto de proxectos. A maiores, o pasado venres a conselleira Ánxela Bugallo e mais o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, asinaban un protocolo co Instituto de Literatura e Lingüística polo que dixitalizarán os fondos galegos que conserva este organismo cubano.. Amplía a nova>>

13/02/2008
A Xunta convoca unha nova edición do certame de “Curtas na rede” para promover a creación

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual acaba de convocar unha nova edición de “Curtas na rede” para promover a creación multimedia. Os participantes, que deberán ter máis de 15 anos, só precisan un móbil e ter unha idea que contar nun máximo de cinco minutos. Entre as novidades desta edición figura a categoría “cápsulas” que son pezas curtas que duran menos de 3 minutos arredor de tres temas: musicais, falsos trailers e a lingua. O concurso seguirá a mesma fase que en edicións anteriores: recepción dos traballos en DVD, votación na rede (do 22 de setembro ao 22 de outubro) e entrega de premios. . Amplía a nova>>

13/02/2008
A Secretaría de Comunicación presenta dúas ferramentas na rede para a difusión do audiovisual

“Cine galego na rede” (cinegalego.es) e “Audiovisualdegalicia.es” son dúas novas ferramentas que acaba de presentar a Secretaría Xeral de Comunicación a través da Dirección Xeral de Comunicación. “Non son dúas páxinas web, son dous servizos para divulgación con traballo innovador” puntualizou Manuel José Fernández Iglesias. Dúas iniciativas que forman parte dun proxecto máis amplo para divulgar o audiovisual.. Amplía a nova>>

11/02/2008
O Consorcio e a Consellaría de Traballo crean unha bolsa de emprego do sector audiovisual

Unha das características do sector audiovisual é que precisa uns traballadores cun elevado grao de especialización e que ten un alto índice de rotación dos profesionais. Por iso, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellaría de Traballo acaban de por en marcha unha bolsa de emprego centrada neste sector. Un servizo de intermediación ao que poden recorrer profesionais e empresas de xeito totalmente gratuíto. Ademais, o Consorcio ofrecerá asesoramento laboral e orientación sobre as diferentes posibilidades de atopar emprego, así como información sobre cursos e actividades de formación e reciclaxe para profesionais.. Amplía a nova>>

08/02/2008
Play Doc crea a categoría de documental galego na súa sección competitiva

O festival de documental de Tui, Play Doc, xa ten datas e traballos seleccionados para a cuarta edición. Será do 12 ao 16 de marzo e incluirá na súa programación 28 produccións, das que 14 compiten na sección oficial. Entre as novidades figura a creación da categoría “documental galego” na sesión competitiva e na de exhibición, nace unha sección dedicada aos documentais animados e un apartado dedicado á violencia de xénero. Ademais haberá debates e charlas, mais un especial sobre a obra do realizador independente Lech Kowalski, no que se presentará a súa triloxía “The Wonderful Art of Surviving”. Isto engádese a sección habitual de documentais de música, na que os protagonistas dos documentais tocarán en directo.. Amplía a nova>>

07/02/2008
Unha mesa redonda e a estrea do seu último traballo servirán para homenaxear a Pere Portabella

O Centro Galego de Artes da Imaxe acolle hoxe un singular acto de homenaxe a Pere Portabella (Figueres, 1929) pola súa traxectoria como realizador e produtor que o convertiu nunha “figura clave da cultura”. Para facelo, o CGAI celebrará unha mesa redonda sobre a obra de Portabella (á que asistirá o propio realizador) e proxectará “O silenzo antes de Bach”, a súa última película.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org