Después de... de Cecilia e José Juan Bartolomé é un documental que se achega á transición española pero vista desde a perspectiva da xente (non dos políticos)reflectida nosa nos que van desde o comezo da democracia ata o intento do golpe de Estado do 23-F. Pero tamén é a película coa que o Centro Galego de Artes da Imaxe presenta Imaxinarios en tránsito, o espazo para achegarse á cinematografía que revisa procesos sociais, culturais e políticos que se dan nun contexto de inicio de democracias. No haber olvidado nada e Postsocializem+Retrovantgarda+Irwin (martes ás 20:30 horas); Countdown,(mércores, 20:00 horas), O esquecemento da diáspora, Abanico rojo e El tren de la memoria (xoves, 19:00 horas) son algúns dos títulos que se proxectarán ao longo da semana.








