O Centro Galego de Artes da Imaxe acolle hoxe un singular acto de homenaxe a Pere Portabella (Figueres, 1929) pola súa traxectoria como realizador e produtor que o convertiu nunha figura clave da cultura. Para facelo, o CGAI celebrará unha mesa redonda sobre a obra de Portabella (á que asistirá o propio realizador) e proxectará O silenzo antes de Bach, a súa última película.








