Fina aos 45 anos o director Emilio Mac Gregor, un dos valedores da ficción televisiva do país

Un adeus de cine

Naceu en México, chegou a Galicia en 1999 por cuestións de traballo e decidiu quedarse aquí e achegar o seu gran de area ao que se lle chamou audiovisual galego. Emilio Mac Gregor, fillo do actor Eduardo Mac Gregor, acaba de morrer cando só tiña 45 anos de idade. Desempeñou un papel clave na profesionalización da ficción televisiva galega onde traballou nas series do Grupo Voz “Nada es para siempre”, “Terra de Miranda” e “Mareas vivas”.