O salón de actos da Facultade de Filosofia dará hoxe un salto no tempo e acollerá unha proxección do mesmo xeito que se facía nos anos sesenta. A película escollida é Umberto D de Vittorio de Sica e fai parte do programa de actividades paralelo á exposición Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela.








