A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá os finalistas para os premios Mestre Mateo 07, é dicir, os que galardoan as mellores producións do ano pasado. Os grandes favoritos son a longametraxe de Adivina Producións, O neno de barro con 16 candidaturas, entre as que destaca a de guión, longametraxe e as dos tres intérpretes masculinos protagonistas; e a serie de Voz Audiovisual A vida por diante, finalista en doce categorías (mellor serie de televisión e doblete en mellor actriz protagonista). A longametraxe de Continental, Concursante, e a serie Air Galicia teñen sete candidaturas cada unha. A gala de entrega dos premios será o vindeiro 15 de abril no Teatro Jofre de Ferrol.
Compiten na categoría de mellor longametraxe, ademais da favorita O neno de barro, a produción de Antón Reixa, Hotel Tívoli, contra as dúas coproducións de Continental, Unha muller invisible e Concursante. Unha das categorías máis reñidas será a de mellor interpretación feminina protagonista, na que figuran a presidenta da Academia, María Bouzas, polo seu papel en Unha muller invisible, Maribel Verdú en O neno de barro e a candidatura dobre de A vida por diante con Belén Constenla e Mela Casal.