Despois do ciclo Nova York, no cine, a Fundación Caixa Galicia acaba de preparar, para os meses de marzo e abril, un novo programa. Leva por título Trens de cine e incorpora títulos como Vías cruzadas (Tom McCarthy, 2003), Breve encontro (David Lean, 1946), O derradeiro tren (Diego Arsuaga, 2002), Perdición (Billy Wilder, 1944) ou Alarma no expreso (Alfred Hitchcock, 1938) que se poderá ver nas sedes que a entidade ten espalladas por toda Galicia.








