Xoán Cabanas Cao como produtor e Carlos Amil como director son os reponsables de levar á gran pantalla A casa da luz, a novela de Xabier Docampo. Unha historia que conta a aventura dun grupo de nenos cando un deles desaparece nun mundo descoñecido e misterioso. O proxecto pretende contar con actores galegos, por iso fará probas de reparto en todas as bisbarras de Galicia. A película rodarase en galego, con imaxe real e está pensada para todos os públicos.








