Un magazine como Praça da Alegria, informativos, a telenovela Prova de amore, os partidos da copa da UEFA e o programa de debate político sobre a situación do espazo público portugués en Corredor do Poder son algúns dos programas que poderiamos ver esta noite. Iso sería así, de prosperar o acordo acadado onte por todas as forzas políticas do Parlamento galego, que lle solicitaban á Xunta xestionar coas autoridades lusas a recepción en Galicia das cadeas de televisión do país veciño.








