Novas | 2991 a 3000 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

25/06/2008
Os produtores protestan polo regulamento que desenvolve a Lei do Cine

A Lei do Cine volve xerar polémica medio ano despois de ser publicada. Os produtores non están moi contentos co borrador do regulamento que desenvolve o texto lexislativo, por iso emitiron un documento que sintetiza en 13 puntos as súas discrepancias. O que máis lle preocupa é o “non desenvolvemento” dos incentivos fiscais e que non se anuncie a posta en marcha da Axencia Estatal da Cinematografía, organismo que debe substituír ao actual ICAA. . Amplía a nova>>

25/06/2008
O madrileño Daniel Utrilla faise co premio de guións de Curtocuircuíto por “A princesa ledicia”

“Trátase dun conto de fadas que reflexiona sobre a amizade” explicou o concelleiro de promoción económica, Xosé Manuel Iglesias, na rolda de prensa de presentación do gañador do certame de guións “Compostela Plató” de Curtocircuito. O premio desta edición foi para o madrileño Daniel Utrilla que presentou “A princesa ledicia” que combina imaxe real e animación en 2D. O premio consiste na produción do traballo, que se levará a cabo no mes de xullo en Santiago. A produtora Mamen Quintas destacou a dificultade desta produción que se desenvolverá principalmente en interiores. . Amplía a nova>>

25/06/2008
Un informe constata o descenso de axudas ao sector audiovisual en Galicia

A Federación Española de Produtores Audiovisuais (FAPAE) deu a coñecer onte en Madrid a súa memoria anual, o documento que contabiliza as cifras do audiovisual que achegan estes profesionais. Segundo as comparativas por comunidades autónomas, destaca o descenso de axudas ao sector audiovisual en Galicia, que pasa do segundo ao cuarto posto con respecto ao ano 2006 (de 7.696.412 euros aos 4.300.746 que suman as axudas da consellaría de Cultura). Pola contra, o documento tamén recolle cifras de facturación (sube un 1%) e de emprego (sube un 4%), que se incrementan en ambos casos, aínda que estas cifras fan referencia ao 2006. . Amplía a nova>>

24/06/2008
O Forum metropolitano programa para este verán un ciclo de cine de temática musical

Cinenterraza. Este é o título polo que a terraza do Forum Metropolitano da Coruña se vai encher de música este verán. O ciclo comeza e pecha con obras de Martin Scorsese. A primeira, o 9 de xullo, Shine a light, sobre os Rollings Stones e a última, o 22 de agosto, O último vals que recolle o último concerto do grupo de rock The Band. Polo medio haberá títulos como Honeydripper ou Heart of Gold, un testemuño da loita e trunfo do cantante Neil Young contra un tumor cerebral.. Amplía a nova>>

24/06/2008
A modernidade no cine inaugura os múltiples cursos sobre audiovisual deste verán

O ciclo “Modernidade e cinema actual” é o primeiro dos múltiples seminarios que se desenvolven en Galicia este verán. O ciclo terá lugar en Pontevedra ata a vindeira semana e analizará, enter outras, as fronteiras entre a ficción e o documental ou a tecnoloxía dixital. A Universidade de Santiago oferta, no seu programa de cursos de verán, dúas citas: unha en Santiago do 14 ao 17 de xullo baixo o título de “Televisión e ficción” e outra para Tomiño e Vilanova da Cerveira (entre 22 e 27 de xullo) sobre “Filminho 2008: reflexións sobre o audiovisual galego e portugués”. Canda estas iniciativas, a Fundación Carlos Casares, organiza tamén para o mes de xullo a quinta edición do curso de extensión universitaria sobre medios andiovisuais co título "Os sons e as imaxes da información". Será entre o 9 e o 11 de xullo e o prazo rematará o mesmo día de inicio do curso.. Amplía a nova>>

24/06/2008
Rodan en Santiago a adaptación cinematográfica dunha obra teatral de Mario Benedetti

“Afranio” e “Pedro e o capitán” son os títulos de dúas producións que se rodan estes días no país. A primeira delas conta a historia de Antón Alonso Ríos, o republicano que sobreviviu disfrazado dun menciñeiro polos montes de Forcarei. Este filme será un documental dirixido polo tudense Víctor Aparicio e estase a rodar estes días en Tui. A outra produción será una película rodada en galego que protagonizan Diego Anido e Miguel de Lira e consiste nunha adaptación cinematográfica da coñecida peza teatral de Mario Benedetti. . Amplía a nova>>

23/06/2008
Pecha o encontro do audiovisual galego-brasileiro con contactos entre as empresas de ambos países

Despois dunha semana de proxeccións e encontros rematou na Coruña o “II Encontro audiovisual Galicia-Brasil”. Un foro que a Secretaría Xeral de Comunicación cualifica nunha nota de prensa como “moi positivo” ante o alto número de asistentes ás proxeccións. En canto á presentación de proxectos, 9 productoras brasileiras e 27 galegas avanzaron conversas para a realización de traballos, que esperan concretar nos vindeiros meses.. Amplía a nova>>

17/06/2008
Culturagalega.org comeza un ciclo de proxeccións das producións de IB Cinema

Coa curtametraxe sobre o creador do cine amateur, José Ernesto Díaz Noriega, abrimos un ciclo no que che ofreceremos as creacións de Ignacio Benedeti (IB Cinema). Versións para internet facilitadas pola produtora coruñesa que poderás ir descubrindo a partir de hoxe nos destacados do portal. . Amplía a nova>>

17/06/2008
O Consorcio Audiovisual e Anice subvencionan dous traballos para fomentar a produción galego-brasileira

Estes días desenvólvese na Coruña a II edición do encontro Galicia-Brasil. Ademais dos ciclos de proxeccións que teñen lugar no Auditorio do Forum Metropolitano, prodúcense os encontros entre as diferentes produtoras para coproducir filmes. Ademais, os responsables do Consorcio Audiovisual de Galicia e a Axencia Nacional do Cinema do Brasil, deron a coñecer os nomes dos dous filmes seleccionados para se elaborar, con cargo ao Fondo Económico que ambas entidades manteñen. “O sexo dos anxos” (Continental) e “Entre a dor e nada” (Ficción Produccións). . Amplía a nova>>

16/06/2008
A Xunta por en marcha un portal para informar sobre a TDT

Existen moitas zonas de sombra sobre a TDT. Ademais das físicas, que impedirán o acceso a un 4% da poboación en Galicia, existe moita desinformación sobre a nova televisión. Por ese motivo, a Xunta acaba de por en marcha un portal de internet con información para profesionais e cidadáns. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org