14/07/2008
Pablo Iglesias: “Un home cheo de pecados que quere redimirse e conseguir o perdón do seu torturado”
Pablo Iglesias leva ao cine a obra teatral de Mario Benedeti
Pedro e o capitán, na que conta dous personaxes, o capitán (un militar torturador) e Pedro (un preso político torturado), que levan adiante un diálogo imposible. Gonzalo García Velasco foi o encargado de adaptar para o cine esta obra da que Pablo explica que “tivemos que variar o final porque a versión cinematográfica necesitaba un pulo que crease máis tensión. Nunca se amosa a violencia física senón psicolóxica". Miguel de Lira e Diego Anido protagonizan esta película que se roda no Instituto Galego da Información a mediados de xullo..
Amplía a nova>>
07/07/2008
Al dente, This way up e Casitas, mellores curtas de animación en Mundos Dixitais
A curtametraxe
Al dente gañou o premio á mellor curtametraxe animación . Tratábase dunha historia de trasfondo operístico con tintes macabros e gastronómicos dirixida por Jean-François Barthelemy, Maël François e Carlos Felipe León Ortiz. Ademáis O público asistente ao Festival de Animación Dixital seleccionou
This way up, dos directores Smith e Foulkes, como mellor curtametraxe. No apartado á mellor curta española, o gañador foi o director Juan Carlos Mostaza, co seu traballo
Casitas. Por último, Juan Montes de Oca, director do Máster Europeo de Animación por Ordenador Universitat de lles Illes Balears foi galardoado co Premio Especial Mundos Dixitais..
Amplía a nova>>
02/07/2008
Os creadores poderán presentar os seus proxectos ás grandes produtoras no marco de Mundos Dixitais
Despois dunha primeira xornada introductoria na que se puido ver unha mostra das posibilidades da arquitectura dixital, hoxe comeza o apartado de conferencias sobre animación, efectos especiais e videoxogos. Unhas sesións nas que técnicos e arquitectos falarán de como se poden recrear as cidades do futuro, as súas sombras, os edificios para que gocen dunha maior realidade, así como posibilidades de animación nos videoxogos. Ademais das conferencias haberá xornadas de reclutamento, nas que os creadores poderán presentar directamente os seus proxectos ás produtoras presentes na actividade..
Amplía a nova>>
02/07/2008
Xosé Zapata: “Linko Killer Machine conta historias persoais nun contorno virtual"
“Trescentos” ou “Sin City” inauguraron unha estética cinematográfica que ofreceu personaxes reais tratados como se foran animacións. E nesa liña sitúase a produción de IB Cinema
Linko Killer Machine que se vai rodar neste mes de xullo. Pero o produtor José Zapata explica que “non é unha película de acción, senón intimista de historias persoais contadas nun contorno virtual”. A película relata a difícil convivencia que sofren un pai e o seu fillo cando son asaltados por un pirata. Con esta atípica película de animación iniciamos unha atenta mirada ás producións que se van rodar nos vindeiros meses..
Amplía a nova>>
01/07/2008
Comeza o programa de rúa de Curtocircuito, que exhibirá máis 60 curtametraxes
Coa proxección das curtas gañadoras da IV edición de Curtocircuíto, comeza unha nova edición do programa de exhibición do festival de curtametraxes de Santiago. Os xoves dos meses de xullo e agosto as prazas da cidade ofrecerán ata 60 traballos chegados de todo o mundo, agrupados en 7 programas temáticos. O ciclo rematará o 28 de agosto cun concerto na Praza da Quintana no que se mesturará a música do DJ Ollie Teeba, do selo discográfico británico Ninja Tune, coa videocreación en directo. .
Amplía a nova>>
30/06/2008
O Concello de Santiago aproba a creación do parque científico e tecnolóxico
O proxecto comezou sendo un parque tecnolóxico especializado no sector audioviusal, pero acabou reconverténdose nun parque científico de carácter xeral. Pero non foi o único cambio, xa que tiña inicialmente 478.000 metros cadrados e acabará destinando a este fin só 219.351. Pero ao final, o pleno do concello deu vía libre ao plan de desenvolvemento que permitirá construir ese parque científico que terá tres áreas diferenciadas: unha dedicada a I+D, unha segunda para a biotecnoloxía e unha terceira para o ámbito audiovisual..
Amplía a nova>>
27/06/2008
As produtoras galegas presentan os seus proxectos no I Foro da animación
A próxima semana celébrase na Coruña o I Foro da Industria de Animación. O encontro englóbase no programa Mundos Dixitais que ten lugar do 1 ao 5 de xullo. O foro, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, conta con dúas partes: unha sesión de exposición na que as produtoras achegarán os seus proxectos de animación. Dygra levará
O espírito do bosque, Continental dará a coñecer
Meigallos e Perro Verde Films
Os Extras. A outra parte consiste nuha mesa redonda na que diferentes especialistas aplicarán as perspectivas legais e de mercado da industria de animación..
Amplía a nova>>
27/06/2008
culturagalegaTV: Premio
A primeira curtametraxe de Eva Quintas Froufe é unha pequena e orixinal comedia sobre un rapaz que convertiu os concursos en todo un estilo de vida. Está protagonizada por Luis Iglesias, Xúlio Abonjo e Anabell Gago, entre outros. A curta obtivo o primeiro premio no Festival Arteficial de Ribadavia e no Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo. Publicamos a curta por cortesía da directora. .
Amplía a nova>>
27/06/2008
Cultura destina 424.000 na súa convocatoria de axudas para realizar curtametraxes
O Diario Oficial (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, videoclips, contidos interactivos e proxectos net art. Unha liña de axudas destinada a facilitar a emerxencia do talento e a innovación audiovisual que atende ás curtas en soporte cinematográfico ou dixital, ou de tipo innovador ou experimental. A contía total que se destina para esta liña de axudas ascende a 424.000 euros, dos que a Secretaría Xeral para a Igualdade e a Dirección Xeral de Xuventude achegan 12.000 euros cada unha..
Amplía a nova>>
26/06/2008
Tres millóns de euros reforzarán os contidos dixitais relacionados coa cultura e a lingua galega
A cultura e a lingua galega terá máis presenza na rede. Ou polo menos isto é o que pretenden a Consellaría de Industria e o Ministerio homónimo. No marco do
Plan Avanza, para fomentar a sociedade da información entre os cidadáns, preténdese crear un programa chamado
Cidadanía dixital. Esta iniciativa contempla a creación de liñas de axuda e a convocatoria de premios que promovan a produción e publicación na rede de contidos culturais e conta cunha partida orzamentaria de 3 millóns de euros (1.842.077 por parte do goberno central e 1.229.000 por parte do autonómico)..
Amplía a nova>>