Novas | 2971 a 2980 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

30/07/2008
A creatividade chega a Ribadeo da man das curtametraxes

Cun divertido vídeo promocional, a produtora Mr Misto e o concello de Ribadeo convidan a achegarse ata a localidade lucense para asistir á cuarta edición do festival de curtametraxes. Un evento que ten o tradicional concurso de curtas que repartirá case 4.000 euros e a aposta pola creatividade a través do concurso “A toda mecha”, que pretende pretende pór a disposición dos novos creadores todos os elementos necesarios para a gravación e produción de curtas nun tempo máximo de 75 horas. O festival que comezou onte, conta con preto de trinta traballos na sección oficial.. Amplía a nova>>

28/07/2008
As produtoras galegas estarán presentes en San Sebastián da man do Consorcio Audiovisual

Por quinto ano consecutivo, o audioviusal galego estará presente no festival de cine máis importante do Estado, o de San Sebastián (18-27 de septiembre). O Consorcio Audiovisual de Galicia levará un estand no que as produtoras acudirán cos seus catálogos, material promocional e poderán manter reunións cos profesionais acreditados. Ademais, esta entidade mantén a colaboración anual coa revista Variety que este ano publicará en setembro o seu especial sobre o noso audiovisual. Por último, no marco do festival desenvolverase o encontro organizado por Fapae, Proimaxes en Movimento, para achegar o audiovisual estatal e o colombiano no que participará o director-xerente do Consorcio, Nacho Varela.. Amplía a nova>>

28/07/2008
Un documental amosará o proceso creativo de catro autores galegos de BD

Na procura da besta é o título do documental co que Marcos Nine quere retratar o proceso de creación dunha BD. Os autores David Rubín, Alberto Vázquez e mais o dúo composto polo guionista Kike Benlloch e o debuxante Diego Blanco serán os exemplos polos que se vaia seguindo a evolución de cadansúa historia de seis páxinas desde o nacemento ata a edición dun volume que recolla estes traballos. Está previsto que tanto o documental coma a obra vexan a luz para comezos de 2009.. Amplía a nova>>

28/07/2008
Daniel Froiz: “Relatos conta a historia dunha escritora que acode a un terapeuta para superar os seu medos”

Matriuska repite outra vez con Mario Iglesias para rodar a que será a súa sexta longametraxe. Chámase “Relatos” e está baseada na estrutura narrativa dun libro de relatos, os que escribe a súa protagonista animada polo seu terapeuta para superar os seus conflictos persoais”. Rodouse xa en Ribeira e a Palma de Gran Canaria pero o groso da película gravarase este verán rodarán en Pontevedra. Unha historia que nos explica o produtor executivo, Daniel Froiz. . Amplía a nova>>

22/07/2008
Cores leva o segundo premio do festival Microcurt

O festival Microcurt, que se está a celebrar en Igualada, outorgoulle onte o seu segundo premio á curtametraxe Cores do galego Jairo Iglesias. A cinta, interpretada por Albero rolán e vicente de Souza, xa fora galardoada previamente en eventos coma Redondela en Curto ou o Festival de curtas de Sada.. Amplía a nova>>

22/07/2008
As XXV Xociviga achéganse aos máis novos

O evento decano do audiovisual galego, as Xornadas de Cine e Video do Carballiño (Xociviga), chegan á súa vixésimoquinta edición. Será a partir do vindeiro 1 de agosto cun programa no que contarán con José Luís Cuerda e co actor José García entre outros convidados. Ao tempo, o evento quere servir de homenaxe para todas as persoas que nestes vinte e cinco anos traballaron a prol desta cita. Entre os eventos previstos está a realización de obradoiros cinematográficos orientados aos máis novos, que aprenderán animación, rodaxe e montraxe de curtametraxes. Cun orzamento total de 50.000 euros, no proxecto amosaranse tamén filmacións da historia recente da vila.. Amplía a nova>>

21/07/2008
O audiovisual galego chega ao seu récord de rodaxes

Trece longametraxes, quince documentais, cinco obras de animación e sesenta curtas son os produtos que o audiovisual galego está a preparar agora mesmo. A Consellaría de Cultura anuncia que este sector está a chegar a cotas históricas no noso país ao abordar neste semestre máis de noventa rodaxes. Segundo este departamento é a política de axudas públicas o que está a permitir chegar a esta marca.. Amplía a nova>>

21/07/2008
Sandra Sánchez : “a película retrata os últimos nómadas que quedan na sociedade”

É un documental de creación construído arredor dos personaxes de feira, desas persoas que viven en caravanas e percorren Galicia de vila en vila. Sandra Sánchez mergullouse nas súas viaxes desde o pasado mes de marzo para poder contar as súas historias, para facerse invisible ao seu lado e contar na película documental Tralas luces, a parte meños coñecida destas personaxes. . Amplía a nova>>

18/07/2008
culturagalegaTV: Baseado en feitos que... puideran ter acontecido

Unha curtametraxe de acción. Unha furgoneta de alquiler pola noite e, de súpeto, un control da Garda Civil. Baseado en feitos que puideran ter acontecido é unha curta dirixida por un dos máis prometedores novos realizadores do audiovisual galego: Xosé Antonio Perozo (OZO).. Amplía a nova>>

17/07/2008
Un comité de sabios abordará a reforma da CRTVG

O goberno galego contará co asesoramento dun comité de expertos para abordar a reforma da Lei da CRTVG. Segundo anunciou onte a Xunta, o grupo elaborará un informe non vinculante con recomendacións sobre o funcionamento dos medios públicos no noso país. O novo órgano está composto por Antonio Varela Salgado, vicepresidente de AGAPI; Antón Rodríguez Reixa, presidente do Clúster Audiovisual, Xosé Manuel Pereiro Sánchez, decano do Colexio de Xornalistas; Manuel González Menéndez, presidente da Federación Galega de Asociacións de Periodistas; Luís Caramés, catedrático de Economía Aplicada da USC, e Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid. Actuará como secretario Xosé Luís Ledo Andión, xornalista e membro da Escala de Finanzas, Especialidade de Intervención da Xunta de Galicia.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org