Cores leva o segundo premio do festival Microcurt

A obra de Jairo Iglesias foi recoñecida en Igualada

O festival Microcurt, que se está a celebrar en Igualada, outorgoulle onte o seu segundo premio á curtametraxe Cores do galego Jairo Iglesias. A cinta, interpretada por Albero rolán e vicente de Souza, xa fora galardoada previamente en eventos coma Redondela en Curto ou o Festival de curtas de Sada.