O goberno galego contará co asesoramento dun comité de expertos para abordar a reforma da Lei da CRTVG. Segundo anunciou onte a Xunta, o grupo elaborará un informe non vinculante con recomendacións sobre o funcionamento dos medios públicos no noso paÃs. O novo órgano está composto por Antonio Varela Salgado, vicepresidente de AGAPI; Antón RodrÃguez Reixa, presidente do Clúster Audiovisual, Xosé Manuel Pereiro Sánchez, decano do Colexio de Xornalistas; Manuel González Menéndez, presidente da Federación Galega de Asociacións de Periodistas; LuÃs Caramés, catedrático de EconomÃa Aplicada da USC, e Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid. Actuará como secretario Xosé LuÃs Ledo Andión, xornalista e membro da Escala de Finanzas, Especialidade de Intervención da Xunta de Galicia.