O catedrático de Dereito Mercantil Xosé Antón Gómez Segade recibiu onte o premio LuÃs Porteiro GArea, co cal a Universidade de Santiago "recoñece publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade". Nun acto celebrado no Paraninfo da Facultade de Historia da USC, Gómez Segade agradeceu o premio, que ten carácter de distinción honorÃfica e non está dotado economicamente, e sinalou que a defensa da lingua galega "é un deber para protexer a biodiversidade cultural”. O xurado do premio valorou o compromiso de Segade "coa lingua na súa vocación de creador e, sobre todo, de transmisor do coñecemento do dereito, especialmente no eido da propiedade industrial, onde goza dun enorme prestixio e proxección internacional".