Juan Gómez-Reino é galardoado co Novoa Santos de Medicina

O galardón recoñece traxectorias profesionais e científicas proxectadas a Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

O XVIII Premio Novoa Santos que convoca anualmente a Asociación de Médicos Galegos (Asomega) foi para Juan Gómez-Reino, catedrático de Medicina da USC e xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUS. O galardón, dotado con 12.000 euros, pretende recoñecer distinguir personalidades relevantes a nivel científico e profesional no eido da medicina e da sanidade e con especial proxección cara Galicia. O xurado destacou a "traxectoria académica, asistencial e organizativa pola promoción de Juan Gómez-Reino, e ao impacto do seu labor na media galega española”. O galardoado recibirá o premio o vindeiro 27 de xuño no Paraninfo da Universidade de Alcalá.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juan Gómez, Medicina, USC, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Entidades