Grelo de Ouro para Luz Casal dos Amigos de Galicia

O xurado da XXXIª edición deste galardón recoñece as súas facetas artística e humana

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaSociedade
Compartir:
Luz Casal na Fundación Paideia facendo entrega a Oncomet da recadación do festival de la Luz 2017. Foto: Festival de la Luz

Luz Casal na Fundación Paideia facendo entrega a Oncomet da recadación do festival de la Luz 2017. Foto: Festival de la Luz

A cantante Luz Casal foi elixida pola Fundación Amigos de Galicia para outorgarlle este ano o seu maior recoñecemento, o Grelo de Ouro, un premio convocado anualmente pola entidade que se institúe para nomear a aquelas personalidades ou entidades que contribúen ao engrandecemento de Galicia. O Xurado desta XXXIª edición do premio destacou nela a promoción e difusión que está facendo de Galicia, a súa solidariedade a través da organización do Festival da Luz, a súa traxectoria profesional a nivel nacional e internacional, e o exemplo de superación que supuxo para a sociedade na loita contra o cancro. En palabras do seu ditame o xurado premiou este ano á cantante galega "pola súa perseveranza e determinación na súa carreira profesional e persoal salientando a defensa e o bo nome dos intereses de Galicia".

Luz Casal, filla única de José Casal e Matilde Paz, naceu no pequeno municipio galego de Boimorto, na provincia de A Coruña, o 11 de novembro de 1958. No ano 2010 foi distinguida coa Medalla Castelao, un recoñecemento que sinala a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo de personalidade galega distinguida. Tamén en 2009 recibiu a Medalla das Artes e as Letras de Francia, entre outro moitos recoñecementos. O engrandecemento de Galicia, e concreto da súa aldea natal, non solo o demostrou traspasando fronteiras, xa que a galega puxo en marcha dende o ano 2012, en colaboración co concello de Boimorto, o Festival da Luz, que se celebra no mes de setembro. Un evento novo con artistas de renome, un evento comprometido coas causas solidarias. Xustamente o pasado ano a recadación deste festival foi para o grupo ONCOMET (Grupo de Oncoloxía Médica) que foi quen recibiu este mesmo Grelo de Ouro na pasada edición. O premio será entregado a Luz casal no Paraninfo da Facultade de Historia da USC. A data está pendente de concretar.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Casal, Ouro, Festival da Luz, Castelao...

Claves

Protagonistas
Entidades