Xosé Manuel Vega é o novo decano do Colexio de Xornalistas de Galicia

Un xornalista decano

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
O Colexio de Xornalistas ten novo decano. Trátase de Xosé Manuel Vega, profesional que ten desenvolvido a súa actividade profesional nos últimos anos na Televisión de Galicia e que substitúe no cargo a Xosé María Palmeiro. Ao ser a única candidatura, tal e como din os estatutos non foi precisa a votación (prevista inicialmente para o día 25). O novo equipo directivo ten como primeiras iniciativas a de instar ao Parlamento a que cree unha comisión que garanta a independencia dos medios públicos, crear un código deontolóxico e un Estatuto Profesional do Periodista.

Máis información en El Correo Gallego e no web do Colexio de Xornalistas

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Palmeiro, El Correo Gallego, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)