A Asociación de escritores presenta un convenio co Colexio de Xornalistas e a súa nova sección de Crítica

Escritores, xornalistas e críticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia asinaron un convenio de colaboración que estreita a relación entre escritores e xornalistas do país. A primeira das manifestacións do convenio será a convocatoria dun premio que recoñeza a labor de escritura xornalística dun escritor ou xornalista. No convenio asinado polas cabezas de cada colectivo, Cesáreo Sánchez e Xosé Manuel Vega, tamén está contemplado acceso de cada organismo ás informacións e documentación que posúa o outro. Por outra parte a AELG tamén presentou oficialmente a súa nova sección de Crítica que xa anunciara en xullo. A nova sección avoga por apoiar a visión profesional da crítica e editará unha publicación de nome “Escrita contemporánea” na que se darán a coñecer os traballos dos críticos da sección.

Máis información no CPXG

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega