O Consello da Cultura Galega e a Asociación de Escritores en Lingua Galega realizarán actividades e proxectos de forma conxunta

Traballo conxunto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os máximos responsables do Consello da Cultura Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) asinaron un protocolo de colaboración para fomentar o intercambio de experiencias e realizar actividades e proxectos de forma conxunta. Entre eses proxectos figuran unhas Xornadas de debate sobre as diversas escritas de creación literaria, crítica, científica, etc, a organización duns Obradoiros literarios. A primeira actividade prevista serán unhas xornadas sobre crítica literaria, organizadas pola sección de Crítica da AELG e que coordinará Dolores Vilavedra. O protocolo foi asinado por Ramón Villares, presidente do CCG, e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Escritores, Consello da Cultura Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias...