A Asociación de escritores en Lingua Galega celebrará cun congreso o seu vintecinco aniversario

De Poio a Poio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os escritores galegos reuniranse no mosteiro de Poio os días 4 e 5 de xuño cun programa de conferencias, mesas de debate, lecturas e actuacións. Na súa celebración os socios da AELG revivirán o I Encontro de Escritores en Lingua Galega celebrado alí en maio de 1981, un ano despois da creación da asociación. O análise da traxectoria e evolución da AELG e a definición do papel social dos escritores, ademais das perspectivas de futuro, centraran as actividades destas xornadas. Na presentación destes actos o presidente da entidade, Cesáreo Sánchez, xulgou “insuficiente” o papel dos escritores na futura Lei do Libro e reclamou unha lexislación específica para a creación.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Poio, Lingua galega, Lei do Libro...