A Asociación de Escritores celebrou o seu vinte e cinco aniversario cunha nova xuntanza en Poio

Vodas de prata coas letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
No Mosteiro de Poio, o mesmo lugar que vía nacer o colectivo hai xa vinte e cinco o anos, celebrou esta fin de semana a Asociación de Escritores en Lingua Galega as súas vodas de prata. Visitas aos cascos históricos de Pontevedra e de Combarro, recitais e un xantar foron algúns dos actos nos que participaron os asistentes. Ademais, realizaron un amplo repaso das actividades desenvolvidas polo colectivo ao tempo que destacaron a necesidade actual dun grupo que defenda os intereses dos autores que optan pola nosa lingua coma medio de expresión e que defenda a presenza do galego no mundo literario.

Máis información en El Correo Gallego; en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Poio, Lingua galega, La Voz de Galicia...