Novas | 2961 a 2970 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

18/08/2008
Enrique Otero: é unha comedia de aventuras ao estilo Kusturica con interpretación semiteatral”

A mediados de setembro comezará a rodaxe de Os Crebinsky. O peculiar universo dos irmáns protagonizados por Miguel de Lira e Sergio Zearreta salta da curtametraxe á longa nunha divertida historia rodada en galego, inglés e alemán. Enrique Otero, director e produtor do filme conta que a historia consiste no percorrido que fan “dous irmáns que van detrás da súa vaca por Galicia adiante, nunha viaxe da costa ao interior, no que van descubrindo de onde son”. . Amplía a nova>>

12/08/2008
A cuarta edición do programa Raíces destinará 500.000 euros a financiar coproducións

Ata dez longametraxes poderán facerse grazas ao fondo de financiamento que ten o programa Raíces. Un proxecto que manteñen Galicia (a través do Consorcio), Andalucía (a través da Junta de Andalucía) e o Instituto Nacional de Cinematografía de la República Argentina (INCAA) e que este ano destinan 500.000 euros a coproducir longametraxes. O prazo para solicitar a axuda remata o 3 de outubro e a convocatoria sairá publicada no Diario Oficial o mércores 13 de agosto.. Amplía a nova>>

11/08/2008
Xosé Zapata: “A película recrea o que lle empeora a vida a Bruno, cando lle saen uns estigmas nas mans”

Adán Aliaga repite con IB Cinema (xa rodara A casa da miña avoa) para adaptar ao cinema a novela gráfica de Lorenzo Matoti Estigmas. O produtor Xosé Zapata, explica que o filme recrea a “vida de Bruno, un personaxe bastante peculiar, ao que lle saen uns estigmas as súas man co que o que xa ía mal, vai de mal a peor”. Un filme diferente que pretende recuperar a estética da novel gráfica, rodando en branco e negro e que precisou a busca dun actor moi especial para encarnar a Bruno. De feito, éo lanzador de perso de León Manolo Martínez, quen protagonizará este filme máis próximo ao cine de Arte e Ensaio. . Amplía a nova>>

07/08/2008
Máis de cincuenta producións galegas compiten por pasar á sección oficial do Festival de Ourense

A nova edición do Festival de Cine de Ourense quenta motores. Neste mes de agosto a organización está a peneirar entre os máis de 1.462 filmes recibidos a concurso. De aí sairán os títulos que pasarán á sección oficial que este ano presenta dúas novidades: a sección de animación pasa a ter entidade por si mesma (antes integrada en curtametraxes) e créase a de “novos media” para agrupar as instalacións, creacións de video-arte, filmes para móbiles, TDT... que empreguen formatos non tradicionais que exploren novos xeitos de creación. Entre os títulos recibidos destacan cincuenta e cinco producións galegas nas que hai catro longas. O festival adiántase este ano a outubro, para evitar coincidir coa outra gran cita cinematográfica (Cineuropa de Santiago).. Amplía a nova>>

05/08/2008
26 entidades reciben axudas da Secretaría de Comunicación para organizar festivais de cine

Malia que houbo 11 solicitudes máis que na última edición, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, repartíu os 315.508 euros que tiña esta liña de axudas entre todas as entidades solicitantes. Se na primeira vez que se fixo pública esta convocatoria Cineuropa foi a entidade que levou máis a partida económica máis ampla, nesta ocasión non figura no listado de beneficiarios ao non presentar a tempo o Concello de Santiago a súa solicitude. O festival de Cine de Ourense recibe 68.000 euros para a organización da 13 edición, que este ano pretende dar un cambio cualitativo con respecto ás anteriores.. Amplía a nova>>

05/08/2008
Un programa de televisión busca a maior marabilla de Galicia

Os espectadores de Televisión de Galicia escollerán a partir do mes de outubro a maior marabilla de Galicia entre un listado de vinte candidatas escollidas por un comité asesor. O espazo producido por Voz Audiovisual constará de catro galas que se emitirán en directo onde en cada unha se promocionará sete das vinte finalistas. As tres marabillas máis votadas, unha polo público no plató e dúas polos espectadores nas súas casas, clasificaranse para a gala final na que se escollerá o monumento gañador.. Amplía a nova>>

04/08/2008
Segue en directo a rodaxe de Linko no sitio web da película

A última aposta de Ignacio Benedeti chámase Linko, unha película que segue a estética cinematográfica inaugurada por Trescentos ou Sin City onde as personaxes reais son tratadas como se foran animacións. A película está en plena fase de rodaxe en Valencia e podes seguila no seu sitio web. . Amplía a nova>>

04/08/2008
Carballiño celebra as vodas de prata das Xociviga que abren unha nova etapa

As Xociviga (Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia) naceron en 1984 co obxectivo de converterse nun punto de encontro dos profesionais do sector audiovisual pero desde entón conseguéronse moitas das cousas que alí se reivindicaban. O audioviusal profesionalizouse, proliferaron moitos outros puntos de encontro naceron numerosas entidades para promover o sector e, por iso, esta edición tiña dous obxectivos: dunha banda homenaxear a todas as persoas que fixeron posible manter o evento e, da outra, iniciar unha nova etapa.. Amplía a nova>>

04/08/2008
Cabanas Cao: "É unha película pensada para nenos entre 9 e 99 anos"

Estes días ródase en GaliciaA Casa da luz, que leva á gran pantalla a novela homónima de Xabier Docampo. Unha historia de xénero fantástico que hoxe nos presenta Xosé Xoán Cabanas Cao, o productor dun filme que buscou a algúns dos actores protagonistas nun laborioso cásting que se realizou nos centros de ensino do país. . Amplía a nova>>

30/07/2008
Un documental recupera o universo plástico de Lamazares

Unha das características máis destacadas de obra de Antón Lamazares (Lalín, 1954) é que a súa obra emprega unha grande cantidade de pintura, o que lle concede unha nova dimensión plástica. A relación que o recoñecido artista establece coa súa obra pretende recollerse en A necesidade da pintura, a produción que se está a rodar estes días en Galicia. O documental, que conta coa participación do pintor e os seus amigos, ten como escenarios aqueles lugares decisivos na traxectoria do pintor como son Berlín (onde vive actualmente), Lalín, Budapest, Ammán ou Madrid. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org