Novas | 2951 a 2960 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

02/09/2008
Ourense renova o seu festival de cine apostando pola multiculturalidade

Despois dunha edición de transición, o Festival de Cine de Ourense (OUFF) abre unha nova etapa. O seu director, Enrique Nicanor, acaba de presentar algunhas das novidades dun certame que cambia de datas (adíantase ao mes de outubro), ten nova sede (Auditorio municipal), crea dúas seccións competitivas (animación e novos media) e incrementa as seccións paralelas, entre as que destaca o Foro da lingua, para analizar a relación entre o audiovisual e a lingua. O OUFF duplica o seu orzamento (ten agora 600.000 euros) e incrementa o número de películas participantes (283 fronte as 197 do ano anterior) que proceden de 88 países. No que respecta ás seccións competitivas destacan sete producións galegas, entre as que se atopa a terceira longametraxe de Mario Iglesias Cartas Italianas.. Amplía a nova>>

01/09/2008
A UE reducirá as axudas para cinema industrial

A Comisión Europea aposta porque as axudas para producir cinema vaian a proxectos que incidan na diversidade cultural e cinematográfica e a aqueles que non serían posibles sen apoio público. Estas directrices van provocar unha diminución nos apoios económicos que no noso país reciben cintas de carácter comercial. A nova política neste sentido aparece xa reflectida na última convocatoria de axudas que publicaba o pasado día 18 de agosto a Axencia Audiovisual Galega.. Amplía a nova>>

26/08/2008
A curta Cores suma galardóns en Siles e en Montalbanejo

Os festivais de curtametraxes de Siles, en Jaén e de Montalbanejo recoñeceron o traballo do director Jairo Iglesias co seu filme Cores. Na primeira cita, esta obra ambientada na Guerra Civil gañou, mentres en Montalbanejo obtivo o segundo posto. Os novos premios, sumados aos que xa obtivera en Sada, Redondela e Igualada, fan da produción unha das máis premiadas do ano.. Amplía a nova>>

25/08/2008
Borja Pena: “É un triller que conta a historia dun carcereiro que queda atrapado nun motín”

Vaca Films continúa fiel ao seu estilo e prepara un filme na súa liña de terror e suspense á que nos ten afeito. Cela 211 comeza a rodarse o 25 de agosto na antiga cárcere modelo de Zamora e contará coa presenza de Luis Tosar, Alberto Omán, Rubén Ochandiano, Carlos Bardem, Luis Zahera e de Marta Etura. Un reparto de luxo para unha película que está baseada na novela homónima de Francisco Pérez Gandul, que nos explica o produtor executivo, Borja Pena.. Amplía a nova>>

22/08/2008
Cuerda intensifica a súa relación con Ourense ao presentar na cidade o seu último filme

Non é a primeira que vez que o director José Luis Cuerda roda en Galicia. Xa o fixo anteriormente con A lingua das bolboretas e antes aínda con O boque animado. Sen embargo, esta vez volve para facer a estrea mundial da súa última película Os xirasois cegos. O filme está protagonizado polo galego Martiño Rivas, que comparte cartel con Maribel Verdú, Javier Cámara e Juan Echanove. A cita terá lugar esta noite no Auditorio Municipal de Ourense no que se poderá ver o filme que chegará ás carteleiras o 29 de agosto. Por outra banda, outro título rodado na provincia de Ourense, Pradolongo, acaba de ser seleccionado para participar nunha das seccións paralelas e non competitivas do Festival de Cine de San Sebastián. Tal e como asegura o web da Axencia Audiovisual o filme fai parte da sección Made in Spain.. Amplía a nova>>

22/08/2008
culturagalegaTV: Entre patifas

As patifas eran as vendedoras ambulantes de peixe que perviviron en Galicia ata a década dos 70 ou mesmo os 80. No documental, as antigas patifas describían o seu esforzado oficio, no que percorrían ata 40 quilómetros diarios, de aldea en aldea, cargadas co peixe, que vendían ou que intercambiaban por produtos do campo. O documental está dirixido por Pachi Baranda.. Amplía a nova>>

21/08/2008
Unhas xornadas traen á filmes e series de manga nunca vistos en Galicia

Rosario+Vampire e Full Metal Panic son dúas das series de maior éxito en Xapón. A primeira foi levada á pantalla a principios deste ano e, ante a boa acollida, xa está confirmada unha segunda temporada do manga realizado por Ikeda Akishisa. Con respecto á segunda, conta a historia de Sousure Sagara, un militar incapaz de vivir como un civil e que acaba ingresando nun instituto de protección para protectores. Estas series, xunto con Tengen Toppa Gurre Laggan e Fate saty night e as películas Toki ou Kakeru Shojo son os filmes que se proxectan no marco das primeiras Xornadas de Anime Mangalego.. Amplía a nova>>

21/08/2008
Política Lingüística non fomentará a dobraxe en galego ao considerala “inviable”

A estratexia da Secretaría Xeral de Política Lingüística no ámbito audiovisual pasa por fomentar o apoio ás televisións, o DVD, internet e as plataformas móbiles e non a dobraxe nas salas de cine e “nos formatos estándar”. Así o confirmou a Secretaria Xeral, Marisol López, ao ser preguntada polo deputado do BNG, Bieito Lobeira, por que non se fomentou a dobraxe ao galego do último filme de “Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal”. Ademais, Política Lingüística alega que neste caso puntual se debe “exclusivamente a razóns de mercado e, en concreto, do prezo esixido para a dobraxe destes filmes e do inviable que resulta para a administración autonómica asumir a súa contía”. . Amplía a nova>>

21/08/2008
A gastronomía e a música incorpóranse ao festival do cine euroárabe Amal

A vindeira edición do Festival Euroárabe Amal botou a andar formalmente coa presentación da súa nova imaxe corporativa. Un novo deseño que incorpora a lingua árabe ao cartel e que serve de carta de presentación dun certame que renova a súa estrutura. Mentres o apartado competitivo mantén a dinámica de edicións anteriores, as sección paralelas compleméntanse con varias sesións de gastronomía e música. A sexta edición terá lugar do 25 ao 31 de outubro, aínda que non será ata setembro cando se coñeza o cartel definitivo. En todo caso, na presentación da nova imaxe avanzouse que entre as películas participantes destaca Ahlaam ("Soños") do iraquí Mohamed Al Daradji, o primeiro filme rodado en Irak trala invasión americana.. Amplía a nova>>

18/08/2008
Cultura convoca as axudas ás producións audiovisuais baseadas en criterios culturais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega. Destina un total de 3.100.000 euros (800.000 menos que o ano anterior) e introduce numerosas novidades. Dunha banda, en canto aos beneficiarios destas axudas, que poden ser persoas físicas ou xurídicas situadas nun estado da Unión Europea con sede en Galicia. Doutra que se crea a modalidade de ópera prima ou segunda longametraxe e desaparecen os formatos innovadores e pilotos de televisión. Ademais, por primeira vez, a convocatoria axústase aos criterios establecidos pola Comisión Europea que prima na súa valoración os aspectos culturais (ata 35 puntos dun total de 60) por riba dos puramente financeiros (un máximo de 7.5). . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org